-Un equipo de profesionais e bolseiros ofrecerá apoio técnico e asesoramento ao alumnado do campus na realización dos vídeos de presentación dos seus proxectos
-O programa do Campus Terra conta coa participación de 130 alumnos de 4º da ESO e BAC en máis dun centenar de actividades de divulgación científica e promoción da oferta académica
-A lista definitiva de admitidos publicarase o día 3 de xullo no taboleiro de anuncios e en www.fundaciontic.org, e a matrícula ordinaria poderá formalizarse do 4 ao 20 de xullo
-A Deputación mantén a gratuidade da matrícula por décimo curso consecutivo para todos os alumnos e alumnas, agás os repetidores
- Alumnos e bolseiros, baixo a supervisión de profesionais, elaborarán os traballos audiovisuais que tamén recollerán os actos de conmemoración do Día Internacional de Enfermería
- Santos dixo que “con este acordo queremos contribuír á difusión do importante labor social dos profesionais sanitarios na promoción de condutas e hábitos saudables entre os lucenses”
-O Padroado aprobou a memoria de 2016, con máis de 1.100 actividades e un grado de execución do 91,81%
-O Presidente da TIC destacou a ampla e recoñecida traxectoria dos dous novos patróns e agradeceu o traballo e a implicación de Jorge Coira e Arturo Vaquero
- Campos dixo que “en 2016 a TIC traballou a prol dos lucenses a través de varias liñas de actuación: ensino de calidade, benestar dos maiores, apoio ao labor social do tecido asociativo, cooperación cos Concellos e promoción da provincia”
-A TIC mantivo a gratuidade da matrícula da EIS; tivo máis de 1.500 usuarios no InLugo; mantivo colaboración con 167 asociacións e potenciou a Lugo Film Commssion
-Alumnos, bolseiros e profesionais realizarán con catro cámaras a competición que se poderá seguir en directo en www.fundaciontic.org e www.edu.xunta.es/centros/iesmurallaromana/
-Este certame de preguntas e respostas ten por obxectivo interrelacionar de xeito lúdico a alumnos e profesorado de Bacharelato dos sete institutos de Educación Secundaria da cidade de Lugo
-Darío Campos dixo que “con estas actividades a Fundación TIC da Deputación presta un labor social e promove o envellecemento activo dos lucenses”
-Un taller sobre aplicacións para móbiles relacionadas con hábitos saudables e máis obradoiros para favorecer habilidades cognitivas e psicomotrices, entre as novidades do trimestre
-Os interesados xa poden inscribirse a través de www.fundaciontic.org e www.deputacionlugo.gal ou no teléfono 982 225 186
-A presentación oficial tivo lugar na Pontenova, meta da 1º etapa desta proba cicloturista non competitiva que se celebrará do 26 ao 28 de maio
-O traballo da TIC ofrece en 3D información técnica e detallada das etapas con mapas, gráficos de desniveis e outros datos de interese para os participantes
-Técnicos e bolseiros da TIC gravarán o itinerario de 59 quilómetros que percorrerán 400 afeccionados ao ciclismo de montaña de Galicia, León, Asturias e Bilbao
-Álvaro Santos dixo que “a TIC apoia a Ruta dende a primeira edición para contribuír á promoción turística da montaña de Lugo co deporte en contacto coa natureza”
- A achega da TIC é froito do compromiso que mantén cos Concellos da provincia para divulgar as actividades que organizan
-Santos dixo que “o rural é o piar fundamental da nosa esencia como pobo e debemos traballar entre todos para conservalo e xerar iniciativas innovadoras e de futuro que asenten poboación”
-A TIC gravará entrevistas que a URG fará pola provincia a persoas que viven e traballan no rural para publicalas nas webs da Fundación e da trintena de asociacións que forman a Universidade
- Santos e Abelleira asinaron o convenio na sede da entidade social e fixeron un percorrido polas instalacións e os distintos departamentos nos que traballan
- Con este acordo, a TIC contribúe a concienciar sobre a importancia da loita contra unha das principias causas de morte en España, evitable no 40% dos casos cun estilo de vida saudable
- A primeira colaboración ao abeiro deste convenio será a gravación dun taller de alimentación saudable o 29 de marzo no HULA dirixido a pacientes oncolóxicos e aos seus familiares
- A TIC asina un convenio con A Castronela, organizadora do evento no que participarán 21 asociacións que recrearán a vida nun poboado castrexo e dun campamento romano
-Santos anunciou que a TIC “gravará o primeiro Friulio para dar maior difusión a esta festa que se suma aos numerosos atractivos que ten Friol e para poñer en valor a nosa historia”
- Friulio celébrase con motivo dos 25 anos da Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá, unha da principais citas gastronómicas da provincia
A proxección terá lugar durante o descanso do encontro no Pazo dos Deportes e estará acompañada polo himno oficial que cantará en directo o compositor lucense David Prado
A Muralla ou a Catedral son algúns dos emblemas da capital onde se gravaron as escenas que contan entre outros, coa participación de históricos celestes como Lisardo Gómez, Manel Sánchez ou Paco Basanta.
Esta colaboración da TIC englóbase dentro do contrato de patrocinio que Deputación e Breogán asinaron para a promoción da provincia de Lugo a través do baloncesto
-Sergio Frade candidato por María y los demás e Felipe Lage por Mimosas expuxeron as súas experiencias aos estudantes, cos que debateron sobre a importancia do director de produción nunha obra audiovisual
- Soilán agradeceu á Academia Galega do Audiovisual que facilite estes encontros cos mellores profesionais galegos e amosou a súa satisfacción “por compartir a misión de promover a produción audiovisual en Galicia”
-Dous alumnos de Produción colaborarán na organización da Gala de entrega dos Mestre Mateo como unha das prácticas en escenarios reais que os estudantes da EIS realizan durante o curso
-Estudantes de 2º curso seleccionarán a actores e actrices de entre 15 e 30 anos na sede da Escola de Imaxe e Son en horario de 17.00 a 20.00
-Os interesados poden poñerse en contacto co equipo encargado do casting a través do correo hermetismos.corto@gmail.com ou chamando ao 648623945
-A curtametraxe gravarase a finais de febreiro en distintas localizacións da cidade de Lugo
-Campos Conde destacou “a labor social que está a realizar a TIC da Deputación a través do InLugo, polo que este ano reforzaremos o noso esforzo para chegar a máis maiores en toda a provincia”
-Unha Semana Tecnolóxica no mes de marzo é a principal novidade da programación que tamén amplía aos luns pola tarde os obradoiros para repasar contidos e inclúe un novo curso de Tablet
-Os interesados xa poden inscribirse a través de www.fundaciontic.org e www.deputacionlugo.gal ou no teléfono 982 225 186
-Santos dixo que “apoiamos a venda dos nosos produtos para promover o desenvolvemento económico e sostible no rural, e para iso debemos poñelos en valor e dalos a coñecer”
-O traballo presentouse no mercado de Lugo nun acto que incluíu unha showcooking con degustación para achegar ao consumidor a calidade da carne destes animais criados ao aire libre
-Produtores lugueses protagonizan o vídeo no que se amosan os métodos de crianza natural, baseados no pastoreo, que os diferenza dos empregados no resto de España
MÁIS INFORMACIÓN e INSCRICIÓNS: Centro de Innovación Social/Fundación TIC R/ Frei Plácido Rei Lemos s/n Tlfn 982225186
FUNDACIÓN TIC www.fundaciontic.org
FACEBOOK maiores.lugo@facebook.com
DEPUTACIÓN LUGO www.deputacionlugo.org
-Darío Campos participa no manniquin challenge co que os lucenses de máis de 55 anos felicitan as festas e o Aninovo
-A xornada inclúe un obradoiro de Alimentatic, o emprego de apps relacionadas con instrumentos musicais e a elaboración de calendarios de 2017 coas fotos dos participantes
-O Nadaltic, que está aberto a todos os maiores que desexen participar, continuará pola tarde en horario de 16:30 a 19:30 na sede do InLugo
-Trátase dun concerto de música coral polifónica inédito en Lugo con cerca de duascentas voces dos catro coros lucenses que dirixe Fernando Gómez Jácome
-A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, asistirá á actuación que terá lugar este sábado, no Círculo das Artes, ás 20.00 horas, con entrada libre
- A charla, que forma parte do programa Alimentatic da Fundación TIC, será ás 17.00 horas no Salón de Actos, e estará aberta a todo o público interesado
- A doutora Marcos é pioneira en España na investigación da relación entre os diferentes compostos bioactivos no sistema inmunolóxico e nos factores ligados a enfermidades como a obesidade ou as intolerancias
- Alimentatic, destinado a fomentar unha dieta saudable entre os maiores a través das tic, está a ter grande éxito de participación nos 15 obradoiros que leva a toda a provincia
- Balas sobre Brodway baseada na película de Woody Allen, inclúe a proxección de varias escenas rodadas e editadas pola TIC, a dobraxe de escenas do filme orixinal e a gravación íntegra da obra para a súa promoción
-Álvaro Santos destacou “a colaboración da TIC con Achádego, o grupo de teatro afeccionado de maior tradición en Lugo, que está a levar a cultura por toda a provincia”
-A estrea será o sábado ás 20.30 horas no Auditorio Gustavo Freire cunha entrada de cinco euros
-Asociacións, institucións e cidadáns sumáronse a esta marcha, unha idea do alumnado de 1º de Produción da EIS, que saíu da Praza de San Marcos e rematou na Escola da TIC
-Darío Campos dixo que “debemos avanzar todos xuntos para erradicar definitivamente este grave problema e conseguir que ningunha muller máis sexa vítima da violencia de xénero”
-Espectáculos de danza, música e teatro e a proxección de escenas de películas nas que se amosa a violencia contra as mulleres formaron parte deste Camiño
-O acto rematou coa proxección de dous vídeos elaborados pola TIC, un protagonizado polos alumnos e traballadores da entidade, e outro coa letra da canción “Que nadie”
-Estudantes de 2º de Realización e Produción contan coa participación, xunto á artista do Incio, doutros 6 actores que foron seleccionados nun casting realizado na EIS
-A gravación da canción “Tú sin mí” desenvolverase durante catro días e terá como escenario único a Finca La Fortaleza, no Hotel Torre de Núñez. A rodaxe finalizará o 30 de novembro
-Os participantes percorrerán un camiño de pegadas negras entre San Marcos e a EIS con varias paradas e actividades que organizan os alumnos de primeiro de Produción
-Campos animou “a todos os cidadáns que o desexen a que se unan á marcha, que arrancará ás 11.30 horas da Deputación. Cantos máis sexamos, máis visibilidade lle daremos a esta loita”
-A TIC tamén está a elaborar un vídeo coa letra da canción “Que nadie” de Manuel Carrasco no que participan diversos colectivos e asociacións da provincia
- O Padroado aprobou este xoves o presuposto para 2017 de 1,8 millóns de euros para máis cursos gratuítos dirixidos a maiores, colaborar con todos os Concellos e co conxunto do tecido asociativo e manter un ensino de calidade e con matrícula gratis na Escola de Imaxe e Son
- Campos avanzou que por décimo ano consecutivo a matrícula da EIS será gratuíta, que se incrementarán os cursos do InLugo, nos que xa participan máis de 2.000 maiores, así como as colaboracións con todos os municipios e o tecido asociativo, cando estas xa superan as 160
-Campos dixo que “apoiamos, coa edición dun DVD e a difusión do concerto, o traballo desta asociación, que recolle a tradición da música de bandas, moi arraigada en toda Galicia”
-A actuación, ás 20.00 horas, correrá a cargo da Banda de Música de Vilalba xunto á Coral Cántigas da Terra da Coruña
- A Asociación Cultural Banda de Música de Vilalba naceu o 14 de abril de 1991, pero reservou o acto central de conmemoración para o 19 de novembro, día de Santa Icía, patroa dos músicos
-O patrón da TIC Álvaro Santos mantivo un encontro cos participantes dun dos 29 cursos gratuítos que se imparten neste último trimestre na sede en Lugo
-Alimentatic está a ter moi boa acollida en toda a provincia con máis de 200 participantes nas actividades organizadas no mes de outubro
-A TIC desprazarase ata finais de ano pola provincia para impartir 15 obradoiros sobre o uso do móbil para gravar recordos que formarán parte de Memoria Dixital Lugo
-Estudantes de 2º seleccionarán a actores e actrices de entre 19 e 35 anos na sede da Escola de Imaxe e Son en horario de 16.30 a 20.30
-Os interesados poden poñerse en contacto co equipo encargado do casting a través do correo riquiñosproducciones@gmail.com ou chamando ao 982 284 667
-O vídeo promocional da nova canción de Lucía Pérez gravarase os días 22, 23, 29 e 30 de novembro
-Un grupo de 30 maiores presentaron un TICodiario e o percorreron os distintos departamentos dun medio audiovisual durante a súa visita ás instalacións da TIC
-Preto de 40 centros educativos de toda a provincia xa están inscritos para esta tempada, logo do éxito da anterior na que pasaron pola TIC máis de 1.300 alumnos
-Os centros interesados en participar nas visitas didácticas á TIC poden apuntarse na sede da EIS ou chamando ao 982 284 667
-A Fundación está a gravar a recreación de varias escenas da película de Woody Allen no polígono das Gándaras, o cemiterio de Soutomerille e o Mesón Alberto
-Esta nova colaboración coa compañía tamén inclúe a dobraxe de escenas do filme orixinal e a gravación íntegra nun DVD da obra para a súa posterior promoción
-Este traballo súmase a outros como a elaboración de audiovisuais para a proxección nas representacións de “O barco sen mariñeiro” ou” Toda a terra é dos homes”
-Máis de 1.300 alumnos de 52 centros educativos de toda a provincia participarondurante o pasado curso nas visitas didácticas á TIC
-Alumnos do IES Moncho Valcárcel das Pontes abriron a nova tempada coa presentación dun informativo e o percorrido polos distintos departamentos dun medio audiovisual
-Os centros interesados en participar nas vistas poden apuntarse na sede TIC ou chamando ao 982284667
-Estudantes de 2º elaborarán o vídeo promocional da canción “Tú sin mí” para o que seleccionarán actores e actrices de entre 25 e 35 anos
-Os interesados poden informarse a través do correo videoclipluciaperez@gmail.com ou chamando ao número 648623945
-Este programa da TIC da Deputación tamén inclúe 15 talleres distribuídos nas comarcas da provincia, unha guía de alimentación saudable en formato dixital e outra conferencia maxistral
-A charla “Hábitos de alimentación saudable e a súa relación coas enfermidades no adulto maior” impartirase ás 16:30 horas no Salón de Actos do InLugo e estará aberta a todos os interesados
-Estudantes de 2º gravarán o Gran Desfile, presentado un ano máis por Lucía Pérez, e un equipo da TIC realizará unha reportaxe da festa na que participan preto de 90 comercios
-Esta colaboración da Fundación TIC coas Autónomas de Lugo súmase a outras como a Feira Outlet ou o Mercado na Rúa-Street Market
-A Fundación TIC colabora co Concello de Lugo no programa de actividades que se desenvolverán en horario de 17:00 a 19:00 horas diante da Casa Consistorial
- Santos dixo que “saímos á rúa co obxectivo de que os lucenses coñezan o traballo que desenvolve a TIC para mellorar a calidade de vida dos maiores a través das novas tecnoloxías”
-Os testemuños das persoas que participen no obradoiro de Memoria Dixital pasarán a formar parte do banco de recordos audiovisual www.memoriadixitallugo.es
- O Patrón da Fundación TIC Álvaro Santos presentou un vídeo realizado por técnicos e bolseiros da TIC para concienciar da situación que sofren millóns de seres humanos
- O traballo proxectouse hoxe, na Praza Maior, con motivo do Día Internacional contra a Explotación Sexual e a Trata de Persoas
-Laxe, gañador do premio da Semana da Crítica de Cannes por “Mimosas” e referente do Novo Cinema Galego, compartiu a súa experiencia cos alumnos e alumnas na inauguración do curso
-O Vicepresidente provincial anima aos estudantes a que “aproveitedes ao máximo o esforzo económico que fai a Deputación para garantir a igualdade de oportunidades”
-Oliver Laxe súmase á lista de profesionais de prestixio que pasaron pola EIS, como Gracia Querejeta, Dani de la Torre, Imanol Uribe, Jose Luis Cureda ou Luis Tosar”
-Alumnos da TIC póñense ás ordes do director galego no obradoiro sobre a rodaxe dunha curta que se proxectará na clausura da Semana Internacional de Cine de Autor
-Laxe imparte o taller cos actores de Pinchacarneiro de ANADE que gravarán e editarán estudantes da EIS
-Esta actuación forma parte da colaboración da TIC con ANADE e Fonmiñá, dentro do apoio da entidade da Deputación ao tecido asociativo da provincia
-Darío Campos destacou a alta demanda que teñen estas actividades “o que avala a aposta da Deputación de Lugo e da Fundación TIC pola alfabetización dixital dos maiores da provincia”
-O InLugo impartirá na súa sede 5 cursos máis que no anterior trimestre cun total de 393 prazas. Os interesados poden inscribirse desde este 14 de setembro a través de www.fundaciontic.org e www.deputacionlugo.gal ou no teléfono 982 225 186
-Alimentatic inclúe 15 talleres sobre alimentación saudable distribuídos en todas as comarcas da provincia e unha guía en formato dixital con consellos e menús semanais
-Haberá xornadas dedicadas ao Nadal e ao Día do Maior e actividades na rúa, como un obradoiro de fotografía no San Froilán
-Campos dixo que “abrimos a toda a sociedade lucense este arquivo, pioneiro na nosa provincia, que tivo como xerme un programa destinado exclusivamente aos maiores”
-A web www.memoriadixitallugo.es será máis áxil e doada de empregar polos usuarios e recollerá vídeos, audios, fotos antigas e diversos documentos
- O Presidente da TIC animou “a Concellos, asociacións e centros de maiores a que contribúan a crear este banco, que será un legado para as vindeiras xeracións”
-Os interesados poden achegarse á sede da TIC, chamar ao 982 284 667 ou enviar o seu testemuño a maiores@fundaciontic.org. Titulados da EIS desprazaranse pola provincia
-O Presidente da TIC dixo que “o vindeiro curso mantemos a gratuidade da matrícula porque vemos a educación como un investimento e a igualdade de oportunidades como un dereito”
-Os alumnos de 1º encargáronse da organización e gravación da Gala e os 27 novos titulados presentaron dúas curtametraxes e tres videoclips elaborados no último curso
-Representantes de medios de comunicación e de produtoras da provincia asistiron ao acto que contou coa actuación da exalumna Carmen Picado
-As actividades do X Aniversario do Club DezPortas celebraranse o 25 de xuño nos xardíns do Museo Provincial
-Esta iniciativa enmárcase no apoio que brinda a Fundación TIC á promoción do deporte base na nosa provincia
- O colexio da Inmaculada pechou este luns a tempada de visitas escolares que inclúen a presentación dun Ticodiario e o percorrido polos distintos departamentos dun medio audiovisual
-Todos os centros interesados en participar o vindeiro curso poden apuntarse na sede da EIS ou chamando ao número de teléfono 982 284 667
- O Deputado de Innovación e TICs, Pablo Rivera, e o Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández, presentaron o evento deportivo que terá lugar a vindeira fin de semana
- Rivera destacou que “o equipo da TIC gravará 10 partidos da última fase do torneo na que participarán 16 equipos de todo o país”
-A lista definitiva de admitidos publicarase o día 3 de xullo, no taboleiro de anuncios da EIS e na web , www.fundaciontic.org, e a matrícula ordinaria poderá formalizarse do día 4 ao 15, de xeito gratuíto
- O único centro da provincia que imparte ensinanzas audiovisuais dispón dunha vintena de postos para cursar primeiro no Ciclo Superior de Realización e no de Produción de Audiovisuais e Espectáculos
-Un equipo de bolseiros e profesionais realizarán con tres cámaras o espectáculo para a súa posterior difusión e emisión íntegra na canle de Youtube da TIC
-25 modelos profesionais desfilarán cos looks monfortinos por unha pasarela que contará cunha escenografía artística de luxo, cos Escolapios de fondo, e a proxección de vídeos de promoción da Ribeira Sacra
-Campos agradeceu en nome do persoal e alumnos da Fundación este premio que recoñece a colaboración desinteresada da TIC en actividades como o concurso de curtas “Cinco e Acción”
-O Presidente da TIC dixo que “esta a colaboración forma parte do intercambio de experiencias con centros educativos da provincia co obxectivo de que redunde en beneficio do alumnado”
-Preto de 300 estudantes do Ollos Grandes participaron nas visitas didácticas ás instalacións da Fundación TIC
-A Fundación gravará íntegras as tres xornadas en Lugo, Viveiro e Ortigueira que recollerá nun DVD co obxectivo de darlle a máxima difusión ás reflexións e conclusións do encontró
-Este apoio forma parte da estreita colaboración que veñen mantendo nos últimos anos a TIC e a Universidade a través do campus de Lugo
-Darío Campos dixo que “a Deputación, a través da TIC, sumouse desde o inicio á reivindicación dos veciños de Meira e Riotorto contribuíndo á difusión da obra e figura do poeta
-O documental de 20 minutos inclúe fragmentos de voz do propio autor e intervencións de Neira Vilas, Alonso Montero e o fillo menor do homenaxeado
-O máximo responsable da TIC entregou cen copias do documental á Asociación Cultural Avelino Díaz para que o conserva no seu arquivo e lle dea a máxima difusión
-Un equipo da TIC realizará unha reportaxe dos actos que o instituto chairego organiza na céntrica Praza da vila para conmemorar esta data
-A Fundación achegará apoio técnico e a participación de alumnos en prácticas e bolseiros a este proxecto no que, ademais de Bruno Pena, traballan outros tres titulados da Escola
- Darío Campos dixo que “para nós é un orgullo que unha iniciativa tan interesante coma esta parta de mozos e mozas que se formaron na nosa Escola”
-A TIC e o Concello de Guitiriz asinan un convenio de colaboración para a curta, que contará con actores habituais en series galegas e nacionais como Xosé Barato e Fernando Morán
-O Padroado aproba a memoria, con máis de 1.100 actividades, e a conta anual cun grado de execución do presuposto do 82,88%
-Campos dixo que “o traballo sustentouse nos tres piares fundamentais da TIC: formación de calidade, promoción da provincia e labor social a prol dos lucenses”
-A TIC mantivo a matrícula gratuíta na EIS e duplicou o número de actividades extraescolares e complementarias para alumnos e formación continua dos profesionais
-En 2015 incrementou ou seu apoio aos Concellos e ao tecido asociativo, con 153 convenios de colaboración, e xestionou 300 actividades no InLugo destinadas aos maiores de provincia
-A TIC axuda, un ano máis, á difusión desta iniciativa cultural que conmemora en Lugo o Día Internacional da Danza
-Bolseiros e profesionais da TIC gravarán os espectáculos programados polo Conservatorio Profesional de Danza
-A Semana da Danza terá lugar do 25 ao 30 de abril en distintos escenarios da cidade de Lugo e con actividades para todos os públicos
-O Campionato Galego celebrarase en Lugo o 23 de abril e o de España, o 30. Poderán seguirse en directo a través da www.fundaciontic.org e posteriormente verse na canle de YouTube da TIC
-Álvaro Santos confía en que “se superen os máis de 1.500 seguidores en directo do streming
do Campionato Galego de Clubs celebrado en Lugo hai dous anos”
-As dúas probas terán lugar no estadio Gregorio Pérez Rivera e reunirán na cidade amurallada un total de 800 deportistas de toda Galicia, Asturias e Madrid
- O streaming do concurso organizado polo IES Muralla Romana foi seguido dende os sete institutos lucenses participantes a través das web da TIC e do IES Muralla Romana
- Ambas entidades manteñen un convenio de colaboración para promover as ensinanzas que imparte o instituto lucense e completar a formación dos estudantes da Escola de Imaxe e Son
-O vídeo segue paso a paso o traballo de Manuel Olmo, un dos últimos carpinteiros especializados neste medio de transporte tradicional de Galicia
-Margarita Soilán destaca o labor da TIC para “contribuír a conservar e transmitir ás novas xeracións as tradicións máis vinculadas á nosa cultura”
- Manuel Olmo, de 83 anos, detalla no documental as partes do carro, os materiais e as ferramentas necesarias para todo o proceso de construción do seu último traballo
- No certame de preguntas e respostas, que se celebrará este venres 15 de abril, participarán estudantes de primeiro curso de Bacharelato de sete institutos da capital
- Bolseiros e técnicos da TIC utilizarán catro cámaras para a transmisión en directo que se poderá seguir nas web da Fundación e o centro de ensino
-O centro xestionado pola TIC atende a demanda dos propios usuarios con obradoiros de uso básico de ordenador, videoconsolas Wii e Xbox, Internet ou Whatsapp
-Álvaro Santos destacou “o papel do InLugo nunha provincia envellecida como a nosa na que as novas tecnoloxías poden contribuír á calidade de vida dos maiores”
-Os interesados poden inscribirse a partir das 12:00 horas deste mércores, 30 de marzo, a través de www.fundaciontic.org e www.deputacionlugo.gal ou no teléfono 982 225 186
-Emma Lustres de El Desconocido, Carlos Amoedo de Lobos Sucios, e Hugo Torres de Las Altas Presiones participaron nunha mesa redonda na Escola de Imaxe e Son
-Álvaro Santos subliñou “o talento dos creadores galegos que trunfan en medio mundo, aos que agradecemos que nos acheguen as súas experiencias”
-A Lugo Film Commision prestou apoio ás produtoras de Lobos Sucios, coa que traballou un bolseiro da EIS, e Las Altas Presiones cos permisos e localizacións en Mondoñedo
Alumnos e profesionais da TIC realizarán e gravarán o Encontro Infantil do Certame de Bandas de Gaitas o día 26 de marzo dentro da Feira do Viño de Quiroga
A TIC contribúe á divulgación do evento ao mesmo tempo que facilita a formación práctica do alumnado da Escola de Imaxe e Son
É unha nova axuda que presta a Fundación TIC aos Concellos da provincia para a promoción e difusión das actividades que organizan
Un equipo da TIC realizará unha reportaxe ampla e prestará apoio técnico durante a cita gastronómica que o Venres Santo atrae milleiros de persoas á Montaña lucense
A achega da Fundación TIC é froito do compromiso que mantén cos Concellos de Lugo para difundir as actividades que organizan e promover a provincia
A TIC presenta vídeo promocional da Asociación Síndrome de Down
- Durante tres días, porán en escena creacións propias que abranguen subxéneros como a comedia, o musical, o drama e por vez primeira monicreques
- Na actividade traballan en equipo tres módulos de estudo da EIS implicados na representación, dirección, produción e realización das pezas teatrais
- Fontenla mantén este venres, na EIS, un encontro cos alumnos, docentes e técnicos da TIC para abordar aspectos relacionados coa Dirección de Fotografía
- Zarauza, Mestre Mateo 2013 á Mellor TVmovie por “Encallados”, falará o día 15 sobre a “Dirección de Longametraxes”, ambos encontros son froito do convenio da TIC e CREA
-O patrón da Fundación TIC, Álvaro Santos, presentou un vídeo promocional da primeira volta cicloturista por etapas de Galicia con chegadas e saídas en Lugo, Muras e Sarria
- A Volta está dividida en 3 etapas que suman uns 400 quilómetros de distancia 7.000 metros de desnivel positivos
- A TIC tamén contribuirá á promoción do evento deportivo coa elaboración de reportaxes e vídeos para a súa difusión a través dos medios e redes sociais
- As sesións, que terán lugar no Museo Provincial e no Pazo de San Marcos, poderán seguirse por streaming no canal de youtube da Fundación TIC
-Darío Campos dixo que “é un orgullo contar no Padroado da TIC cun profesional do nivel do lucense Coira, que ademais é un exemplo para o noso alumnado”
-O cineasta de Rábade falou do seu traballo en “El desconocido” e da importancia da montaxe, unha especialidade que a EIS imparte nun dos seus módulos.
-Os alumnos da Escola foron os encargados da gravación íntegra do encontro e da reportaxe fotográfica
-Alumnos da EIS foron os encargados da emisión por streaming das tres competicións que, unha vez rematadas, poden verse íntegras na canle de YouTube da Fundación TIC.
-O IES de Foz é unha das máis de 150 entidades e asociacións coas que colabora a TIC para contribuír á difundir as súas actividades
- O Presidente da TIC participou na entrega de premios do IX Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería no que participaron 16 centros de España e Portugal
- Alumnos da EIS son os encargados da emisión a través de www.fundaciontic.org das competicións que rematan este xoves co IV Campionato Internacional de Baristas Profesionais
- A colaboración entre a TIC e o instituto de Foz ten por obxectivo promover as ensinanzas de hostalería do IES mariñán e completar con prácticas a formación dos estudantes da EIS
-Os tres días de competición poderán verse a través da web da Fundación (www.fundaciontic.org) grazas ao convenio de colaboración co IES de Foz
-O alumnado de 2º de Realización repite esta práctica do módulo de Realización de Televisión na que empregarán unha unidade móbil, 5 cámaras e o material para o streaming
-No encontro competirán 16 Escolas de Hostalería de España e Portugal e 14 profesionais, entre eles, o tres veces campión a nivel nacional, Adrián Fernández
O cineasta de Rábade, que recolleu este sábado o premio á mellor montaxe pola película El desconocido, participa habitualmente en actividades dirixidas ao alumnado da EIS
A nosa provincia tamén estivo presente na Gala do cine español con outros dous candidatos lucenses, o director Dani de la Torre e o actor Luis Tosar
-A cerimonia arrancará coa proxección dun vídeo de presentación de AJE-Galicia elaborado pola TIC ao abeiro do convenio de colaboración entre as dúas entidades
-Lugo acolle por primeira vez esta Gala que se celebra no MIHL a partir das 19:00 horas
-Darío Campos destacou “este punto de encontro do talento emerxente nos nosos alumnos con profesionais a través dunha técnica que se está a impoñer no mercado audiovisual”
-18 directores e guionistas mantiveron reunións individuais cos alumnos nas que estes lles presentaron desde curtametraxes ata talent shows, docusoaps ou festivais de música
-Esta actividade forma parte do modelo formativo da EIS baseado nas prácticas en escenarios reais e o contacto co profesionais en activo
- A Fundación colabora coa Asociación Galega de Custodia do Territorio na divulgación do proxecto “Facendo un batuxo con Pepe do Caurelciño”
- Un equipo da TIC levará a cabo a gravación íntegra da montaxe que terá lugar este sábado, día 30, na Casa das Insuas,en Rábade
-No vídeo elaborado por un equipo de profesionais e bolseiros, usuarios, familiares, monitores e membros da directiva falan sobre a ONG o seu futuro
- A TIC recollerá nun DVD o acto de celebración, que se desenvolverá ás 20:30 horas deste venres no Círculo das Artes.
-Aspnais é unha das 150 asociacións sen ánimo de lucro da provincia coas que colabora a TIC para difundir o seu importante labor social
-Cada alumno de 2º de Produción e Realización deberá expoñer a súa idea dun xeito atractivo e conciso nun encontro de tan só dez minutos cun dos directores ou guionistas convidados
-O pitching converteuse nunha ferramenta fundamental para dotar de atractivo ás presentacións e lograr que un proxecto pase de idea a realidade
-Esta actividade forma parte do convenio da TIC con CREA e AGAG, e ten como obxectivo complementar a formación de calidade da EIS coa experiencia de profesionais en activo