Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC

07/11/2016

Alumnos da TIC convocan un novo casting os días 8 e 9 de novembro para un vídoeclip dos vilalbeses “Mi perro Vincent”


-Estudantes de 2º seleccionarán a actores e actrices de entre 19 e 35 anos na sede da Escola de Imaxe e Son en horario de 16.30 a 20.30

-Os interesados poden poñerse en contacto co equipo encargado do casting a través do correo riquiñosproducciones@gmail.com ou chamando ao 982 284 667

-O vídeo promocional da nova canción de Lucía Pérez gravarase os días 22, 23, 29 e 30 de novembro

Alumnos e alumnas de 2º de Realización e Produción da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC convocan un novo casting de actores e actrices o días 8 e 9 de novembro na EIS. Neste caso, é para o vídeoclip da canción “Méteo no cu” do grupo vilalbés “Mi perro Vincent”, que realizarán os estudantes da TIC. Esta selección súmase á que xa fixeron os días 25 e 26 de abril para o vídeo promocional da nova canción da artista do Incio, Lucía Pérez.

Para a gravación do vídeoclip de “Mi perro Vincent” precísanse actores e actrices de entre 19 e 35 anos. O casting terá lugar o martes e mércores en horario de 16.30 a 20.30 na sede da Escola, na rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n, a carón do antigo hospital de San José. Os interesados poden poñerse en contacto co equipo que realiza a selección a través da dirección de correo riquiñosproducciones@gmail.com ou chamando ao número 982 284 667.

Gravación do videoclip de Lucía Pérez

A gravación para o vídeoclip da canción “Tú sin mí” de Lucía Pérez será os días 22, 23, 29 e 30 de novembro. Os actores e actrices que participarán neste traballo audiovisual foron seleccionados entre os mozos e mozas de 25 a 35 anos que acudiron ao casting convocado hai unha semana.

Os dous videoclips que elaborarán os estudantes da EIS forman parte dos proxectos que realizan e producen durante o curso dentro dos módulos: Xestión de Proxectos de Cine, Vídeo e Multimedia; e Procesos de Realización en Cine e Vídeo.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet