Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC

04/02/2016

A TIC grava este xoves a Gala V Premio Joven Empresario de Galicia que poderá verse íntegra na súa canle de YouTube


-A cerimonia arrancará coa proxección dun vídeo de presentación de AJE-Galicia elaborado pola TIC ao abeiro do convenio de colaboración entre as dúas entidades

-Lugo acolle por primeira vez esta Gala que se celebra no MIHL a partir das 19:00 horas


A Fundación TIC colabora este xoves 4 febreiro na Gala de entrega do V Premio Joven Empresario de Galicia coa elaboración e proxección do vídeo de presentación de AJE-Galicia co que arrancará a cerimonia. Ademais gravará íntegro o evento que proximamente se poderá ver na canle de YouTube da TIC. Tamén se difundirá na páxina web da asociación empresarial e nas redes sociais.
Esta colaboración é froito do convenio que a TIC ten asinado con AJE Lugo, unha das máis de 150 organizacións sen ánimo de lucro que apoia a entidade dependente da Deputación co obxectivo de promover o tecido asociativo da provincia e o importante labor que desenvolven a nivel social, cultural, turístico ou económico.

AJE Galicia en cifras

Lugo acolle por primeira vez a entrega destes premios, que terá lugar ás 19:00 horas no MIHL. A Gala, que reunirá a unhas 200 persoas, comezará coa proxección do vídeo elaborado pola Fundación TIC no que se presenta a asociación en cifras: 1.394 empresas asociadas que xeran preto de 7.000 empregos directos e facturan 428 millóns de euros.


Durante o acto coñecerase ao Joven Empresario e Joven Emprendedor 2015. Ademais a asociación premiará aqueles proxectos empresariais que aposten pola internacionalización, a innovación e a creación de emprego na nosa comunidade. Os galardoados recibiran formación valorada en preto de 19.000 euros na Escola de Negocios da Afundación.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet