Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC

24/10/2016

Alumnos da TIC convocan un casting na EIS os días 25 e 26 de outubro para un vídoeclip da cantante Lucía Pérez


-Estudantes de 2º elaborarán o vídeo promocional da canción “Tú sin mí” para o que seleccionarán actores e actrices de entre 25 e 35 anos

-Os interesados poden informarse a través do correo videoclipluciaperez@gmail.com ou chamando ao número 648623945


Alumnos e alumnas de 2º de Realización e Produción da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC serán os encargados de elaborar o vídoeclip da canción “Tú sin mí” da cantante lucense Lucía Pérez. Para a gravación deste vídeo promocional precísanse actores e actrices polo que convocan un casting o martes e mércores, 25 e 26 de outubro, na sede da Escola, na rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n, a carón do antigo hospital de San José, en horario de 17.00 a 20.30 horas.

Os aspirantes deberán ser mozos e mozas de entre 25 e 35 anos. Todos os interesados poden obter máis información na dirección de correo videoclipluciaperez@gmail.com ou chamando ao número de teléfono: 648623945

Este traballo do alumnado da EIS forma parte dos proxectos que realizan e producen durante o curso dentro dos módulos: Xestión de Proxectos de Cine, Vídeo e Multimedia; e Procesos de Realización en Cine e Vídeo.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet