Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo

10/05/2012

A Galas Lucus Moda 2012, gravada pola Fundacion TIC poderá ser emitida por 40 canles de televisión

  • archivos/fotos/grandes/0020.jpg

    Preparativos da Gala Lucus Moda

    Preparativos da Gala Lucus Moda
  • archivos/fotos/grandes/0078.jpg

    imaxe do público asistente a Gala Lucus Moda 2012

    imaxe do público asistente a Gala Lucus Moda 2012
  • archivos/fotos/grandes/0079.jpg

    imaxe do público asistente a Gala Lucus Moda 2012

    imaxe do público asistente a Gala Lucus Moda 2012
  • archivos/fotos/grandes/0125.jpg

    Imaxes da Gala Lucus Moda 2012

    Imaxes da Gala Lucus Moda 2012
  • archivos/fotos/grandes/0128.jpg

    Imaxes da Gala Lucus Moda 2012

    Imaxes da Gala Lucus Moda 2012
  • archivos/fotos/grandes/0242.jpg

    Imaxes da Gala Lucus Moda 2012

    Imaxes da Gala Lucus Moda 2012
  • archivos/fotos/grandes/0084.jpg

    imaxe dos preparativos da Gala Lucos Moda 2012

    imaxe dos preparativos da Gala Lucos Moda 2012
  • archivos/fotos/grandes/0048.jpg

    imaxe dos preparativos da Gala Lucos Moda 2012

    imaxe dos preparativos da Gala Lucos Moda 2012
  • archivos/fotos/grandes/0075.jpg

    imaxe do público asistente a Gala Lucus Moda 2012

    imaxe do público asistente a Gala Lucus Moda 2012
  • archivos/fotos/grandes/0080.jpg

    imaxe do público asistente a Gala Lucus Moda 2012

    imaxe do público asistente a Gala Lucus Moda 2012
  • archivos/fotos/grandes/0104.jpg

    imaxe do público asistente a Gala Lucus Moda 2012

    imaxe do público asistente a Gala Lucus Moda 2012
  • archivos/fotos/grandes/0123.jpg

    Imaxes da Gala Lucus Moda 2012

    Imaxes da Gala Lucus Moda 2012
  • archivos/fotos/grandes/0210.jpg

    Imaxes da Gala Lucus Moda 2012

    Imaxes da Gala Lucus Moda 2012
  • archivos/fotos/grandes/0178.jpg

    Imaxes da Gala Lucus Moda 2012

    Imaxes da Gala Lucus Moda 2012







O evento foi trasladado ó Centro de Contenidos, empresa de distribución audiovisual, que o ofrecerá a 40 cadeas de televisións españolas. Telelugo foi a primeira canle que emitiu a Gala, despois de ser presenciada en directo por 600 persoas.
Varios bloggers especialistas en moda seguiron e comentaron a gala en directo para os máis de 300.000 seguidores e usuarios cos que contan en España

A Gala Lvcvs Moda repetiu un ano máis o seu éxito, no só económico, senón tamén de posicionamento no mercado de contidos. Numerosos medios de comunicación deron cobertura a un evento que, por terceiro ano consecutivo, situou a Lugo como capital do deseño galego, sector no que a provincia vén destacando dende hai anos e que dá emprego a máis de 1.300 persoas de xeito directo. Xunto coas 600 persoas que acudiron á gran cita da moda lucense no Círculo das Artes, serán moitas máis as que o poderán seguir a través da pequena pantalla. A Fundación TIC desprazou un amplo equipo de técnicos e alumnos da Escola de Imaxe e Son, que gravaron íntegramente esta iniciativa de impulso económico para o sector do deseño e artesanía.

A Gala xa foi distribuída ó Centro de Contenidos (CTC), que é unha empresa pioneira na distribución audiovisual para a TDT e que ofrecerá a Lvcvs Moda dentro das máis de 5.000 horas de programación coas que conta. O CTC proporciona o programa gravado pola Fundación TIC a: Telelugo, GTM Murcia, Oviedo TV, TCYL (Valladolid), Aqui TV (Cantabria), Canal Antena Cáceres, Tele Huesca, ZTV (Zaragoza), Canal Fuengirola, Canal Localia Coruña, Canal Localia Pontevedra, Canal Localia Vigo, Canal Luz Huelva, Canal 4 (Navarra), Canal La Comarca TV (Teruel), Cablemel TV (Melilla), Cancionero TV (Córdoba), Teledonosti (San Sebastián), 10 TV (Asturias), TVR (Rioja), Canal Bilbovisión (Bilbao), Canal D`EIVISSA I FORMENTERA, Albacete TV, Canal Nuevo TV (Canarias), TeleSalnés (Pontevedra), Onda Radio Navia (Luarca), Levante TV, Información TV (Alicante), Málaga TV, Canal 21 La Opinión (Granada), Canal Producciones Conquenses de TV (Cuenca), Correos TV (Santiago), Telesevilla, Canal TEA TV Pontevedra, RTV Insular Canaria, Canal La Verdad Radio Tv, Onda Azul Málaga RTVM, Canal Luz Sevilla e Canal TMV Valencia.

Ademais, a gravación completa xa está a disposición de Popular TV e Europa Press, á que xa lla demandaron clientes coma Youtube, Dalealplay, Tu.tv, MSN ou Yahoo, entre outros.

Milleiros de seguidores nas redes

A terceira edición da Gala Lvcvs Moda contou cunha destacada novidade. Por primeira vez, varios bloggers estiveron presentes no Círculo das Artes, seguindo en directo a Gala.

Paloma Abad (@palomaabad), blogger habitual do diario El País en temas de moda e deseño, quixo lembrar ós seus preto de 5.000 seguidores que Lugo foi a capital galega do deseño. Lugo tamén foi unha reseña da reputada blogger isasaweis.com (@isasaweis), que ten con máis de 50.000 seguidores en España, escribiu un libro, ten o seu propio programa en Antena3 e que conta cunha canle en Youtube que é a que ten máis suscriptores de toda España. Ó igual que no caso de Diana, de di-pordior.blogspot.com (@dipordior), con 5.000 seguidores, unha das imprescindibles da blogosfera dentro do sector téxtil ou a destacada blogger e twittera, Erea Louro, de allthatshewantsblog (@EreaLouro), que lembrou ós seus máis de 1.500 seguidores que o martes a gran cita da moda celebrábase en Lugo.

Tampouco faltou o equipo de Bitácoras.com, que ilustrou os seus comentarios en tempo real con numerosas fotografías coas que os seus máis de 250.000 usuarios tiveron unha completa crónica do evento. A blogger responsable de theulifestyle.com, que conta con máis de 2.000 seguidores, veu dende Madrid ata Lugo para poder estar na Lvcvs Moda, comentou en directo a través da súa conta de twitter, @SoJuls, todo que ía acontecendo; tamén estivo presente a coruñesa responsable de dreamingofclothes.com, que comentou en directo a gala para todos os seus seguidores en @DcSusana.

Durante a hora e media de duración da Gala, foron máis de 100 os mensaxes que se publicaron, con máis de 50 fotografías e algúns vídeos. Ademais, nos vindeiros días que estes especialistas en moda da rede farán completas e extensas crónicas da gala que fixo de Lugo a capital galega do deseño un ano máis.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet