Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo

03/04/2012

A Fundación TIC contribúe ó éxito do Km0 Surf-Camp coa súa difusión fóra das nosas fronteiras

Técnicos da Fundación TIC e bolseiros da Escola de Imaxe e Son realizaron a gravación íntegra das sesións e reportaxes para difundir ás axencias de noticias, xornais dixitais e televisións de todo o pais, que xa se fixeron eco do evento, ó que tamén deron cobertura in situ medios de comunicación de varios paises - O programa Desde Galicia para o Mundo que emiten a TVG e TVE Internacional para o resto de Europa, América e Asia incluirá, o día 21 de abril, unha reportaxe sobre o Km0 Surf-Camp Deputación de Lugo

Técnicos da Fundación TIC e bolseiros da Escola de Imaxe e Son de Lugo levou a cabo a gravación íntegra das sesións do II Km0 Surf-Camp Deputación de Lugo, que se celebrou esta fin de semana, en A Mariña luguesa. As imaxes e reportaxes elaboradas polo equipo de profesionais da TIC e ex-alumnos da EIS foron difundidas ás axencias de noticias do país, edicións dixitais dos xornais e televisións nacionais, autonómicas e locais, que xa se fixeron eco do éxito da iniciativa. Ademáis, o vindeiro día 21 de abril,o programa Desde Galicia para o Mundo que emiten a Televisión autonómica galega, a TVG, e a canle internacional de TVE para o resto de Europa, América e Asia incluirá unha reportaxe sobre o Km0 Surf Camp, que atraeu a preto de 400 afeccionados de todo o norte de España, Alemaña, Holanda e Italia.

A TIC sumouse á difusión do evento deportivo ó que deron cobertura in situ medios de comunicación nacionais e internacionais, e que converteu a A Mariña en referente turístico fóra de tempada ó acadar unha ocupación hostaleira media dun 80% na zona oriental, e algo superior no concello de Ribadeo.

Apoio ós futuros profesionais

A colaboración da TIC co Km0 Surf-Camp contriburá asemesmo a dar a coñecer ó deportista mariñao Borja Rocha, seleccionado pola élite nacional do surf como a mellor promesa lucense, ó que a Presidencia da Deputación esponsorizará, durante un ano, para que poda participar noutros campionatos, ós que acudirá como embaixador de A Mariña.

Os traballos audiovisuais realizados durante o intenso e multitudinario evento deportivo inclúense no plan de ensino da TIC dirixido a proporcionar experiencia laboral ós titulados e alumnos da Escola de Imaxe e Son de Lugo, complementando a súa formación práctica e achegándoos ó mundo laboral.

Con este fin, a Fundación ten asinados máis de 50 convenios con asociacións sen ánimo de lucro e máis de 60 contratos con empresas españolas do sector multimedia. Entre as organizacións coas que colabora a TIC figuran ONG’s e asociacións culturais, ás que apoia no seu labor social, impulsando a inserción laboral de persoas con discapacidade; entidades deportivas que axudan a fomentar o deporte base, así como empresas que traballan en prol do emprego das novas tecnoloxías no tecido industrial da provincia. No último ano, a Fundación TIC incrementou en máis dun 400% os convenios asinados con colectivos lucenses.


Para ver este reproductor necesitas instalar Flash Player



< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet