Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo

22/03/2012

Os directores e produtores das curtas finalistas dos Premios Mestre Mateo 2012 defenden na Deputación os seus proxectos

mestre mateomestre mateo

Foi nos Encontros Mestre Mateo, presentados por Besteiro, que anualmente se celebran antes da entrega destes galardóns e nos que participaron alumnos da Escola de Imaxe e Son - Os profesionais nominados á mellor curtametraxe de ficción que deron conta dos seus traballos foron: Xacio Rodríguez Baños, Sonia Méndez, Sara Horta e Iria Ares

O Presidente da Fundación TIC e da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, presentou estes xoves, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, os Encontros Mestre Mateo 2012. É o coloquio que, cada ano, se celebra antes da entrega de ditos galardóns e nos que os finalistas na sección de curtametraxes de ficción defenden os seus proxectos. Ademais, fanno ante futuros profesionais, xerando un debate con alumnos de distintos centros de ensinanzas audiovisual en Galicia. Nesta ocasión, os beneficiados desta iniciativa foron os estudantes da Escola de Imaxe e Son (EIS).

No encontro, participaron os 4 directores e produtores das curtametraxes finalistas dos prestixiosos galardóns. Trátanse do lugués Xacio Rodríguez Baño, natural de Xove e director de "Estereoscopía"; a viguesa Sonia Méndez, directora e produtora de "As damas negras"; e as coruñesas Sara Horta, produtora executiva de "Adivina quien viene a comer mañana" e Iria Ares, directora de "La increíble historia de Macareno y la puta milagrosa". Durante o coloquio, que estivo moderado polo Patrono da Fundación TIC, José Ramón Val Alonso, os alumnos da EIS, o único centro da provincia que imparte ensinanzas superiores do eido audiovisual, tiveron a oportunidade de coñecer, de primeira man, tanto os detalles dos traballos destes profesionais como a realidade e as posibilidades do sector na Comunidade galega.

Novos talentos do audiovisual
Xacio Rodríguez Baños, director de "Estereoscopía", estudou cinematografía na Universidade de León. Logo de traballar en diversos proxectos audiosivusais, dá o salto á dirección e comeza a escribe e producir varias curtametraxes, todas elas orientadas a xogar coa linguaxe audiovisual para atopar a súa propia narrativa.

Para a directora e produtora viguesa Sonia Méndez, “As Damas Negras” é a súa terceira curtametraxe. Actualmente, traballa na súa primeira longametraxe. A súa formación multidisciplinar no campo do teatro e o audiovisual, levouna tamén o mundo da interpretación. Como actriz deuse a coñecer, no ano 2001, na serie da TVG "Terras de Miranda”.

Despois de participar en varios proxectos e especializarse nas labores de axudante de dirección e produción, Sara Horta, de 26 anos de idade, incorporase no 2009 á empresa Pixel Films, como produtora executiva e administradora da mesma.

A máis nova das participantes no encontro, Iria Ares, de 24 anos, ademais de dirixir unha das curtas finalistas, “La increíble historia de Macareno y la puta milagrosa", traballou como auxiliar de dirección en “Matalobos”. É a serie da TVG, realizada pola Voz Audiovisual, que acadou o maior número de nominaciones, con quince, ós Premios Mestre Mateo 2012.

En total, á décima edición dos galardóns da Academia Galega do Audiovisual, concorreron 132 obras, 85 produtoras e 385 profesionais. A súa convocatoria anual permite obter unha visión do audiovisual galego a través do recoñecemento do traballo dos profesionais do sector.

Para ver este reproductor necesitas instalar Flash Player





< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet