Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo

29/02/2012

Alumnos da EIS de Lugo poñen en práctica os seus coñecementos realizando un informativo en directo en RNE

  • archivos/fotos/grandes/DSC_0089.JPG

    foto 1

    foto 1
  • archivos/fotos/grandes/DSC_0090.JPG

    foto 2

    foto 2
  • archivos/fotos/grandes/DSC_0081.JPG

    foto 3

    foto 3







Unha vintena de estudantes participaron na mostra itinerante que tivo aberta este martes a radio pública na Praza Maior da cidade con motivo do seu 75 aniversario

Os alumnos de primeiro curso do ciclo superior de Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos da Escola de Imaxe e Son (EIS) de Lugo visitaron hoxe a exposición itinerante coa que Radio Nacional de España está a celebrar os seus 75 anos de historia, e que amosa pasado e presente da emisora de radio pública grazas a novos soportes que fan dela unha experiencia interactiva. A mostra está este martes na Praza Maior da cidade lucense.

A vintena de estudantes da EIS, dependente da Fundación TIC, puideron presenciar en directo como traballan ós profesionais da radio pública, durante a emisión dun programa polo que desfilaron moitos protagonistas da vida lucense: o Alcalde, José López Orozco, o ex ministro José Blanco, os entrenadores do CD Lugo, Breogán e Azkar, ou personaxes de sectores destacados da provincia, como a moda, a vinicultura ou a restauración. Tamén houbo momentos para lembrar a historia das ondas lucenses, coa presenza de ex-profesionais da radio. Neste mesmo programa, os alumnos do módulo de Produción de Audiovisuais da EIS puxeron en práctica os coñecementos adquiridos, emitindo o seu primeiro informativo en directo, unha experiencia que moitos destes futuros profesionais dos medios sen dúbida lembrarán durante moito tempo.

Lugo é una das 50 cidades de España nas que se pode gozar da exposición RNE, contigo, instalada nunha plataforma de 140 metros cadrados. Os asistentes poderán ser partícipes da historia desta emisora gozando desta exposición interactiva, na que poderán gravar a súa propia noticia, escoitar os sons do día do seu nacemento, facerse unha fotografía cos seus personaxes radiofónicos favoritos ou escoitar unha mostra da “radio do futuro”.




< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet