Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo

28/02/2012

A Deputación acolle o xoves o estreno da curta de Lolo rodada en Sarria e protagonizada por Soraya e Amarilla

imaxe da rolda de prensa para anunciar o actoimaxe da rolda de prensa para anunciar o acto

Gómez Besteiro e Roberto Lolo presentaron hoxe no Pazo de San Marcos o evento que organizan 10 alumnos da Escola de Imaxe e Son e que contará ca presenza dos actores protagonistas
Os asistentes á cita, que será libre ata completar aforo, poderán facer preguntas ós famosos e fotografiarse no photocall que se instalará na entrada principal da institución
“Triste soledad dun Vionista” é o segundo traballo que o cineasta lucense filma na súa terra natal e para a que contou coa colaboración da Fundación TIC

O Presidente da Deputación e da Fundación TIC, José Ramón Gómez Besteiro, e o Director sarriano, Roberto Lolo, presentaron hoxe a premiere da curta “Triste Soledad de un Violinista”, que terá lugar este xoves, ás 20.30 horas, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, e que están a organizar 10 alumnos de 1º de Produción da Escola de Imaxe e Son, o único centro da provincia que imparte ensinanzas superiores no eido do audiovisual. Deste xeito, no acto estiveron presentes os estudantes cuxo voceiro, Pachi Pintando, agradeceu ó organismo provincial “esta oportunidade de participar nun traballo profesional que difícilmente se conceden hoxe”.

Gómez Besteiro destacou que “é un orgullo participar nos proxectos audiovisuais da provincia a través da Fundación TIC, unha rede que cada vez medra máis. Temos que impulsar iniciativas educativas e culturais como esta, nun momento no que vemos que dende outras administracións merman as axudas a este respecto, facendo que se perda o talento dos nosos profesionais. Ademais, estamos a lograr que os estudantes da EIS, nunha escola Pública que segue a manter gratuíta a matrícula, se familiare co mundo laboral real. En definitiva, este proxecto é unha investimento de futuro”. Pola súa banda, Lolo salientou que “este é un proxecto moi persoal que non sería posible sen a colaboración da Fundación TIC”. O Director sarriano, que non quixo desvelar moitos segredo sobre a cinta, convidou a todos os lucenses a achegarse o xoves á súa proxeción.

O que si avanzou Lolo foi a asistencia ó estreno dos actores protagonistas que forman un cartel de luxo. O cineasta sinalou que elexíu a ex triunfita e eurovisiva, Soraya Arnelas para o papel protagonista porque “considero que, ademais de ser unha gran artista coñecida en toda España, ten a capacidade de adapatarse a multitude de rexistros”. A maiores, indicou, “será unha ocasión única para ver a cantante extremeña facer os seus primeiros pinitos como actriz, dando o salto a gran pantalla”. Tamén avanzou que estará presente na cita o actor Alberto Amarilla, coñecido polas súas interpretacións en films como “El Camino de los Ingleses” de Antonio Banderas e “Fuga de cerebros”; así como Marcos Valcárcel, un dos prometedores talentos do cine do noso país e compoñente da orquesta Paris de Noia.

Tras a proxeción do filme, os espectadores poderán participar nunha charla-coloquio cos actores e o Director, onde haberá unha quenda de preguntas. Ademais, os asistentes terán a oportunidade de fotagrafiarse cos famosos no photocall que se instalará na entrada principal do organismo provincial. A entrada será libre ata completar o aforo da sala.

Unha curta que pisa forte en España
“Triste Soledad de un Violinista”, escrita, producida e dirixida por Lolo, trátase do segundo traballo que o director filma en Sarria, a súa vila natal. A cinta, que xa está seleccionada en varios festivales de cine do país, conta a historia dun violinista que se refuxia nunha casa para compoñer e, cada vez que toca un tema, unha misteriosa muller se lle aparece. É unha homenaxe, sinalou o Director, ó mundo da música. Un dos seus anteriores traballos, “A la de tres”, foi dedicado á maxia.

Do equipo técnico formaron parte Bolseiros e ex alumnos da Fundación TIC, que ademais prestou apoio técnico ó Director en todo o proceso de rodaxe. Deste xeito, algunhas das escenas da curta foron gravadas nos estudos do Centro de Produción e Programas do organismo sen ánimo de lucro, dependente da Deputación. Roberto Lolo dirixiu ata o de agora nove curtametraxes. a primeira en 1997, aínda que a súa maioría foron rodadas a partir de 2008, a última tamén grabada en Sarria foi “El Clon”. Participou en series televisivas como “Platos combinados” y “La tira”, de La Sexta, e formou parte dos equipos de varias películas como “A los que aman”, “Romasanta” e “O ano da caracha”, así como en varias producións teatrais.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet