Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo

01/02/2012

Alumnos da Escola de Imaxe e Son remataron hoxe a gravación dunha curtametra no hospital San Rafael

imaxe dun momento da gravaciónimaxe dun momento da gravación

Doce estudantes rodaron “Proxecto Campana”, unha cita que conta o día a día dun psiquiatra. O traballo, realizado na súa totalidade polos alumnos, enmárcase na programación do único centro na provincia que imparte ensinanzas superiores no eido audiovisual

Alumnos do segundo curso dos ciclos de Producción e Realización da Escola de Imaxe e Son da Escola de Imaxe e Son (EIS) da Fundación TIC, organismo dependente da Deputación que puxo en marcha o único centro na provincia que imparte ensinanzas superiores no eido audiovisual, remataron este mércores a gravación da curtametraxe “Proxecto Campana” que se desenvolveu, principalmente, no hospital San Rafael, así como, en menor medida, na cidade de Lugo.

A cinta conta a historia do Doutor Campana, un psiquiatra que trata a doentes con estrañas enfermidades. Entre o reparto de actores, figura Alberto da Sinda, profesional coñecido polos seus papeis en series como “Matalobos” ou “Libro de Familia”. Tamén colabora cos estudantes da TIC o profesor de teatro Xosé Manuel Felpetoa. En total, foron 3 intensos días de gravación que arricaban o pasado luns, no que traballaron 12 alumnos da Escola de Imaxe e Son e para o que contaron con todo o material técnico necesario para realizar na súa totalidade esta curta baixo a supervisión dos docentes do centro educativo.

A realización de “Proxecto Campana” forma parte da programación práctica da EIS. É un dos proxectos fin de curso, é dicir, a última das probas que os estudantes deben de superar para obter a titulación en Imaxe e Son. Xunto a esta, o alumnado tamén levou a cabo a pasada semana en distintas localizacións da cidade a curtametraxe “Post Mortem”. En ambos os dous proxectos, os alumnos asumen a elaboración do guión, a produción, a gravación e ata a montaxe final co fin de desenvolver un traballo a nivel profesional co que se acheguen ó mundo laboral.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet