Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo

11/10/2011

A Fundación TIC leva a campaña Son de Lugo e non o nego a unha carpa instalada no San Froilán

  • archivos/fotos/grandes/IMG_6612.JPG

    imaxe dos alumnos da TIC realizando as gravacions

    imaxe dos alumnos da TIC realizando as gravacions
  • archivos/fotos/grandes/IMG_6880.JPG

    imaxe dos alumnos da TIC realizando as gravacions

    imaxe dos alumnos da TIC realizando as gravacions
  • archivos/fotos/grandes/IMG_7042.JPG

    imaxe dos alumnos da TIC realizando as gravacions

    imaxe dos alumnos da TIC realizando as gravacions
  • archivos/fotos/grandes/IMG_6610.JPG

    imaxe da campaña son de lugo e non o nego

    imaxe da campaña son de lugo e non o nego
  • archivos/fotos/grandes/IMG_6869.JPG

    imaxe da carpa da Fundacion TIC

    imaxe da carpa da Fundacion TIC







Gómez Besteiro afirma que “dende a TIC tamén facemos lucensismo dando a opurtunidade ós lucenses de amosarnos orgullosos do noso”
Alumnos da EIS, baixo a supervisión de técnicos, gravan opinións sobre Lugo que poderán verse na web www.fundaciontic.org
A TIC contribúe á promoción dos produtos autóctonos, xa que todas as persoas que visiten a carpa reciben un lote de Lugo Sabe, a marca de garantía de calidade da Deputación, e que obtiveron sen custe algún, máis de 30 empresas lucenses

O Presidente da Deputación e da Fundación TIC, José Ramón Gómez Besteiro, visitou este venres a carpa que a TIC ten instalada no lateral da Casa Consistorial, onde alumnos da Escola de Imaxe e Son participan na campaña “Son de Lugo e non o nego”. O máximo responsable provincial sinalou que “esta iniciativa, ademais de supoñer unha clase práctica para os nosos alumnos, é un xeito de facer lucensismo. Dános a oportunidade de amosar por que nos sentimos orgullosos do noso e de coñecer que é o que máis valoran da cidade e da provincia as persoas que nos visitan estes días con motivo do San Froilán”.

Gómez Besteiro tamén destacou a importancia de que a sociedade lucense coñeza o labor que desenvolve a TIC. “Este é un execelente escaparate para que os milleiros de persoas que pasan por aquí nestes días saiban o que facemos desde a Fundación, que conta co único centro da provincia que imparte ensinanzas da rama audiovisual”. Ademais, sinalou que “todos os que se animan a participar están colaborando na formación práctica dos nosos alumnos”.

Orgullosos de Lugo
Alumnos da EIS, supervisados por técnicos da Fundación, están a gravar as opinións de lucenses e visitantes sobre Lugo: que é o que máis lle gusta da cidade e das festas patronais, anécdotas con sabor lucense etc. Están distribuídos en tres equipos: un deles está instalado nun set habilitado dentro da carpa e os outros dous percorren todo o recinto festivo na procura das impresións dos visitantes do San Froilán.

A carpa, que xa funcionou o mércores, estará aberta ó público o venres, sábado e domingo en horario de 12:00 a 15:00 e de 17:00 a 19:00. Con todo o material gravado polos alumnos, elaborarase un DVD que poderá verse na web da Fundación, www.fundaciontic.org

Lugo Sabe na TIC
O encontro tamén contribúe á promoción dos produtos autóctonos da provincia xa que todas as persoas que se achegan á carpa reciben un lote de produtos de Lugo Sabe, a marca de garantía de calidade que promove a Deputación, e que obtiveron sen custe algún, máis de 30 empresas lucenses que dende hai meses teñen á venda un total de 150 produtos en establecementos estratéxicos de Lugo e A Coruña. En total, repartiranse uns 500 lotes, que inclúen produtos como pementos de Mougán, augardente de Portomarín, viños da Ribeira Sacra, queixos da Ulloa e San Simón ou butelo da Fonsatrada, entre outros.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet