Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo

21/09/2011

A Fundación TIC recollerá nun vídeo os oficios tradicionais do rural galego de comezos do século XX

Bolseiros da EIS participarán na gravación das primeiras Xornadas sobre Migración e Indianos que organiza esta fin de semana a Liga Santaballesa de Vilalba

A Fundación TIC gravará esta fin de semana as Primeiras Xornadas sobre Migración e Indianos que organiza a Liga Santaballesa na Escola Habanera desta parroquia vilalbesa. O encontro incluirá unha recreación do ano 1916 con figurantes de diversas labores ou oficios daquela época: carpinteiros, tecedeiras, zoqueiros, afiadores, ferreiros, etc.

Bolseiros da Escola de Imaxe e Son, o único centro da provincia que imparte ensinanzas do eido audiovisual, participarán na elaboración do DVD que é froito do convenio de colaboración asinado entre a TIC e a Liga Santaballesa.


Programa das xornadas
O programa das xornadas arrancará ás dez e media do sábado e incluirá varias conferencias dos historiadores Xosé Luis Novo Cazón, Domingo Luis González Lopo, María Luisa Pazos e Daniel Manuel Vázquez Vila. Ás cinco e media proxectarase a mediametraxe “O legado migratorio santaballés” e ás seis será a recreación de 1916 na que participarán membros da Liga. Tamén haberá xogos populares, merenda e queimada.

O domingo, o escritor Xosé Neira Vilas falará sobre “A experiencia migratoria”. Á unha e media proxectarase o documental “Lembranzas da infancia, recordos da escola”.

Para ver este reproductor necesitas instalar Flash Player



< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet