Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo

14/09/2011

A Fundación TIC gravou a V Concentración de Clásicos de Portomarín coa participación de bolseiros da EIS

Imaxe da concentración de coches clásicosImaxe da concentración de coches clásicos

Esta colaboración enmárcase dentro do convenio asinado entre o organismo dependente da Deputación e a Escudería Portomarín Sport para difundir as actividades da asociación a través de vídeos promocionais.

Con esta xa son 46 as organizacións coas que colabora a Fundación para contribuír á insercion laboral dos antigos alumnos da Escola de Imaxe e Son.

Uns 75 coches clásicos e motos de época participaron na concentración e nun roteiro polo Concello portomarinés.

A Fundación TIC gravou o sábado 3 de setembro a V Concentración de Clásicos de Portomarín dentro do convenio de colaboración que vén de asinar coa Escudería Portomarín Sport, organizadora do evento. Bolseiros da Escola de Imaxe e Son participan na elaboración dun vídeo promocional que recollerá a concentración de vehículos na Praza do Concello, o roteiro pola comarca e a entrega de premios.

Con esta nova incorporación son un total de 46 as asociacións e empresas tecnolóxicas coas que colabora a Fundación. O principal obxectivo destes convenios é a inserción laboral dos antigos alumnos da EIS, o único centro da provincia que imparte ensinanzas do eido audiovisual, para que poidan acceder con máis facilidade a postos de traballo do sector. Ademais, pretende dar a coñecer o labor que desenvolven estas organizacións e, ó mesmo tempo, promocionar a nosa provincia.

Xoias do motor
Medio cento de vehículos clásicos e unhas 25 motos de época, algúns deles auténticas xoias do motor, participaron na V Concentración, que comezou ás 10 de mañá na Praza do Concello. A partir das 11 sairon os vehículos para realizar un roteiro de 37 quilómetros pola comarca. A chegada está prevista para as 14:00 horas ó Clube Náutico. Os coches e motos estiveron expostos ata as seis na praza. Unha hora antes, ás cinco, procedeuse á entrega de premios ós tres primeiros clasificados. Tamén houbo, como todos os anos, algún trofeo sorpresa.

Esta foi a principal actividade desenvolvida pola Escudería Portomarín Sport, unha organización que naceu no ano 2000 e que na actualidade conta cun cento de socios. É a décimo sexta asociación deportiva coa que colabora a Fundación xunto con: Escudería Miño, Agrupación Deportiva A Pinguela, Agrupación Deportiva Fefeme Triatlón, Clube Cidade de Lugo Fluvial, Clube Tenis de Mesa Dez Portas, Clube Deportivo Arco Muralla, Clube Natación Portamiñá, Clube Patíns Lóstregos Lucus, Clube San Fernando Lucus Caixa Rural Galega, Clube Ciclista Cidade de Lugo, Sociedade Deportiva Cultural Polvorín, Clube Emevé, Clube Guímaro Motor, Real Aeroclube de Lugo e Fundación Azkar.

Outras asociacións colaboradoras
A Fundación tamén difunde o labor das seguintes organizacións: Sociedade Micolóxica Lucus; Asociación de Autonómas Empresarias e Profesionais da provincia de Lugo; Asociación A Cova da Terra, Asociación amigos do Jazz "Escobijazz", Asociación Coral Polifónica Francisco de Fientosa de Castro de Rei, Achádego Teatro, Asociación Xotramu; Instituto de Educación Secundaria de Foz, Grupo Vocal Sólo Voces, Amigos da Liga de Santaballa, Asociación Down Lugo, Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFALU), Asociación “Raiolas”, Fundación UNICEF, Asociación Lucense de Xordos (ALUSOR), Federación de Asociacións de Familiares de Enfermos Mentais (FEAFES), Asociación San Vicente de Paul, ANADE, ASPNAIS, Preescolar na Casa, Consello de Maiores de Labrada.

Ademais ten asinados acordos coas empresas tecnolóxicas: Agrodynamics, ChampionChip Norte, Porco Celta, Asin Informática, Academia JMRivas, Pleiteando.com, Lugar da Veiga, Granxa Maruxa, e Porto Celeiro.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet