Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo

11/05/2011

A Fundación TIC presenta o mércores 18 os videoclips de 'Sun Face' e 'Escala Drinker'

imaxe do cartel da presentaciónimaxe do cartel da presentación

A Fundación realizou a gravación e montaxe destes dous videoclips apoiando así a estes grupos ribadenses.

Todos os interesados están invitados a presentación no teatro de Ribadeo o mércores 18 ás 20:30 horas.

O mércores 18 de maio celebrarase no Teatro de Ribadeo e con entrada libre a presentación dos videoclips de dous grupos desta vila, trátase de o videoclip da canción "new conclusions" do grupo Sun Face e de "La búsqueda" de Escala Drinker.

Os clips foron realizados polos bolseiros e alumnos do Escola de Imaxe e Son que promocionan así mediante unha colaboración a dous incipientes grupos da provincia que non dispoñen de recursos para dar a coñecer os seus traballos.

O vídeo musical de Sunface tivo dous escenarios: as rúas de Lugo, onde se aproveitaron diversas localizacións coma as inmediacións do restaurante Terras do Miño, e as instalacións da perruquería Aluma.

O vídeo musical de “La búsqueda” tivo tres escenarios: o edificio do antigo hospital psiquiátrico de Castro de Rei, e as instalacións da EIS e o parque Rosalía de Castro.

A Fundación TIC xa colaborou noutros destacados proxectos audivisuais que contribúen a promocionar a provincia de Lugo, entre eles, o vídeo musical “Torres de Compostela” da eurovisiva Lucía Pérez.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet