Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo

11/04/2011

A Fundación TIC cubriu a II Gala Lucus Moda e mostrou o labor dos deseñadores lucenses con vídeos de presentación

  • archivos/fotos/grandes/D77K4814.JPG

    Bolseiros da TIC traballando na unidade móbil

    Bolseiros da TIC traballando na unidade móbil
  • archivos/fotos/grandes/D77K4834.JPG

    Bolseiros cas cámaras

    Bolseiros cas cámaras
  • archivos/fotos/grandes/gala_3.jpg

  • archivos/fotos/grandes/gala_4.jpg







Alumnos da Escola de Imaxe e Son da TIC e técnicos desta Fundación participaron nos traballos de gravación do evento. Previamente membros da Produtora da Fundación posibilitaron a creación duns vídeos de presentación dos diseñadores lugueses que se proxectaron no acto

Profesionais e estudantes da TIC participaron na cobertura deste evento, que na súa segunda edición contou ca presenza dos deseñadores Victorio & Lucchino e da cantante lucense Lucía Pérez que foi a encargada do peche.

A presentadora da gala, organizada polo Concello e a Deputación de Lugo, foi a actriz galega María Castro. No acto, celebrado no Círculo da Bellas Artes o xoves 7 de Abril, mostráronse os traballos de 14 artesáns e 6 deseñadores lugueses. A presentación dos deseñadores estivo reforzada cos vídeos elaborados pola TIC para tal fin.

A Fundación TIC participa activamente na devulgación da cultura, co seu apoio a múltiples asociacións e ca cobertura deste tipo de actos. Actualmente ten asinados acordos de colaboración con 39 empresas e asociacións da provincia. Neste traballos, ademais de publicitar os entes que o necesiten, cóntase con bolseiros da EIS para mellorar a súa formación práctica e facilitar a súa incorporación laboral.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet