Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo

04/04/2011

Os alumnos da EIS da Fundación TIC presentaron no Círculo das Artes as curtametraxes fin de curso

  • archivos/fotos/grandes/DSC_6438.JPG

  • archivos/fotos/grandes/D77K4308.JPG

  • archivos/fotos/grandes/D77K4283.JPG

  • archivos/fotos/grandes/D77K4310.JPG







Gómez Besteiro participou na proxección dos 2 traballos audiovisuais realizados na súa totalidade polos rapaces da promoción 2009-2011

O Presidente da Deputación e da Fundación TIC, José Ramón Gómez Besteiro, participou na proxección das curtametraxes realizadas polos alumnos da Escola de Imaxe e Son que tivo lugar no Círculo das Artes da capital o xoves 31 de Marzo.
Na sesión, aberta ó público, puidéronse ver os 2 traballos audiovisuais fin de curso realizados na súa totalidade polos rapaces da promoción 2009-2011 do único centro na provincia que imparte titulacións superiores en materia audiovisual. Foron os seguintes:

“Aliendu”. Basada en feitos reais, conta a historia de dous mozos, Manuel e Josefa, -el da Fonsagrada e ela de Asturias-, que se coñeceron na feira da poboación asturiana de Valdebois e se namoraron. Ante a oposición do pai dela á súa relación, decidiron fuxir á Fonsagrada. O título do traballo, “Aliendu”, é un guiño á parte asturiana desta historia. Significa alento ou respiración forte, e fai referencia ós esforzo da parella protagonista durante a súa fuxida.

A trama desenvólvese a principios do século pasado. Os núcleos de San Xulián de Pereiramá, Pena e Uriz, no Concello de Castroverde, foron os escenarios da rodaxe. Na elaboración do filme, traballaron 14 alumnos da EIS. Brais Abad e Rosalia Castro interpretan á parella protagonista, mentres Rubén Pérez Pombo e Miguel Grandío teñen país secundarios. A maiores, os rapaces contaron coa participación de dous actores profesionais: Fernando Morán e Sacha.

“Vilacazans”. É unha sorprendente e truculenta historia, inspirada no estilo das “snuff movies” americanas, trasladado ó rural galego. A cinta conta a historia de 2 rapaces que fuxen en coche dunha ameaza que lles pode custar a vida. Os protagonistas atópanse nunha situación límite ata que chegan a Vilacazáns, un pobo no medio da nada que, malia que parece a súa salvación, axiña se percatan de que os habitantes deste lugar son un tanto singulares, e de que lles espera un inquedante destino.

Na rodaxe de “Vilacazáns”, participaron 28 persoas: un equipo de produción e realización composto por 15 alumnos do EIS, e un elenco de 13 actores entre os que se atopan 3 nenos do Colexio de Castro de Rei. O protagonista da curtametraxe é Alejandro Carro, un actor coruñés cunha extensa traxectoria en televisión, cine e teatro, máis coñecido polo seu papel como Santi na serie Padre Casares da TVG. Os interiores grabáronse nun bar de Hombreiro, e as restantes escenas nos arredores do Pazo e Aspais, todas no Concello de Outeiro de Rei.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet