Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo

24/03/2010

A Fundación TIC presenta as primeiras miniseries para internet realizadas por alumnos da Escola de Imaxe e Son

presentación seriespresentación series

O Presidente da Fundación salienta que “estamos formando a futuros profesionais que entenden a potencialidade das novas tecnoloxías”.
“Fuga de descerebrados” e “Cero Veinte” foron elaborados por alumnos de 2º dos ciclos superiores de Realización e Produción.
Os equipos de rodaxe, alumnos e docentes da EIS asistiron á proxección das miniseries no Pazo de San Marcos.

A Deputación acolleu e este mércores a proxección de dúas miniseries para internet desenvolvidas durante este curso polos alumnos da Escola de Imaxe e Son de Lugo, o único centro da provincia que imparte ensinanzas do eidio audiovisual. O acto, presentado polo Presidente da Fundación TIC e da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, contou coa participación dos equipos de rodaxe, alumnos e docentes da EIS.

Gómez Besteiro destacou que “esta é a primeira vez que os nosos alumnos elaboran miniseries on line, un formato que calou en profundidade nos últimos anos entre o público. Por tanto, estamos formando a futuros profesionais que entenden a potencialidade do audiovisual e das novas tecnoloxías”. Neste senso, o Presidente provincial lembrou que “o principal obxectivo da Fundación é a inserción laboral dos nosos alumnos, e os traballos audiovisuais para internet supoñen un dos nichos de emprego con máis proxección”.

Proxecto integrado
As dúas miniseries, “Fuga de descerebrados” e “Cero veinte”, son o resultado do traballo conxunto de alumnos e profesores do módulo de proxecto integrado do 2º curso dos ciclos superiores de Realización e de Produción. Ambalas dúas foron rodadas integramente nas instalacións da Escola.

“Fuga de descerebrados”, no que que participaron 13 técnicos e 5 actores, conta a historia dun home que é ingresado nun hospital pisquiátrico e as relacións que establece co resto dos seus compañeiros, especialmente, con dous deles. Os trastornos, a paixón e a angustia mistúransen na vida dos tres persoaxes en clave cómica.

En canto a “Cero veinte”, amosa as relacións persoais e profesionais dos traballadores dunha emisora de radio. Céntrase especialmente nun programa de noite. Neste caso, a ficha técnica está formada por 15 alumnos e a artística por 5.

Difusión on line

Ámbalas dúas series foron creadas para a súa exibición en webs elaboradas tamén polos alumnos durante o módulo de proxecto integrado, ademáis da web da Fundacion TIC. Poden consultarse en:

http://fugadedescerebrados.es/

http://www.ceroveinte.com/ceroveinte



Dende a Fundación tamén se apoia os primeiros pasos dos alumnos no mercado laboral coa colaboración, a través da súa participación, na rodaxe de películas como a curta “Triste soledad de un violinista”, que se realizou hai unhas semanas en Sarria ou do documental “Garbo, Hitler...e Araceli”. A Fundación tambén gravou integramente, coa participación de bolseiros da EIS, o vídeo musical “Torres de Compostela” da cantante do Incio Lucía Pérez que terá unha proxección internacional.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet