Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo

17/02/2010

A Fundacion TIC participa na gravación da curtametaxe de Roberto Lolo

A obra titulada 'Triste soledad de un violinista' está protagonizada pola cantante Soraya

Alumnos da Escola de Imaxe e Son e bolseiros da FUNDACIÓN TIC participan estes días na grabación da curtametraxe que o director Roberto Lolo está a realizar no concello de Sarria. Ademáis a Fundación está a colaborar co equipamento técnico.

A curta titulada ‘Triste soledad de un violinista’, escrita, producida e dirixida por Lolo ten como protagonista á cantante extremeña Soraya, coñecida a raíz da súa participación no programa Operación Triunfo e candidata española o ano pasado ao Festival de Eurovisión, e ao actor Alberto Amarilla, protagonista das películas ‘El camino de los ingleses’ de Antonio Banderas e ‘Fuga de cerebros’, ademais do compoñente da orquesta Paris de Noia Marcos Valcárcel.

Segundo explicou o director sarriano, a curtametraxe recolle a historia dun violinista que se refuxia nunha casa para compoñer e cada vez que toca un tema unha misteriosa muller se lle aparece. É unha homenaxe do director ao mundo da música, así como un dos seus anteriores traballos ‘A la de tres’ foi dedicado a maxia.

Lolo dirixiu ata o de agora nove curtametraxes a primeira en 1997, ainda que a súa maioría foron rodades a partir de 2008, a última tamén rodada en Sarria este ano foi ‘El Clon’. Tamén participou en series televisivas como ‘Platos combinados’ y ‘La tira’ de la Sexta’, e formou parte dos equipos de varias películas como ‘A los que aman’, ‘Romasanta’ e ‘O ano da carracha’ e en varias producións teatrais.

Para ver este reproductor necesitas instalar Flash Player



< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet