Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo

11/01/2010

A Fundación TIC realizou a 'Gala Lugo10' de promoción da cidade e a súa Muralla

gala lugo10gala lugo10

Na iniciativa, que se enmarca na liña de colaboración da Fundación cos Concellos da provincia, participaron bolseiros da Escola de Imaxe e Son.
A Gala, que emitirá en diferido a TVG, supuxo o arranque do programa do 10º aniversario do monumento como Patrimonio da Humanidade.

Reproducir Video Gala Lugo 10 (CPP)



Para ver este reproductor necesitas instalar Flash Player


Segunda parte da Gala Lugo 10 (CPP)

Para ver este reproductor necesitas instalar Flash Player



A Fundación TIC, dependente da Deputación provincial, realizou integramente a Gala Lugo 10 que supuxo o arranque da campaña promovida polo Concello de Lugo para conmemorar o décimo aniversario da declaración da Muralla como ben Patrimonio da Humanidade. O acto celebrouse no Círculo das Artes de Lugo, e será emitido en diferido polas dúas canles da TVG.

A Gala, cunha hora e media de duración e que foi presentada pola xornalista lucense Laura Peña e o monologuista Pepo Suevos, contou coa actuación do dúo Soas, formado por Cristina Pato e Rosa Cedrón. Ademais, emitíronse diversos vídeos promocionais de Lugo que, ó igual que a Gala, foron realizados na súa totalidade por traballadores da Fundación TIC e bolseiros da Escola de Imaxe e Son de Lugo.

A colaboración da Fundación enmárcase na potenciación de axuda ós Concellos da provincia. Ademais, a participación de bolseiros da EIS persegue a integración laboral dos alumnos da Escola, una das prioridades da institución.

Todos coa muralla

Esta Gala supuxo o arranque desta campaña en homenaxe ó décimo aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade, e que ten por obxectivo dar a coñecer a cidade e a provincia. Durante o acto expuxéornse varios vídeos promocionais onde se amosaron os principais atractivos turísticos e medioambientais de Lugo e o amplo abano de posibilidades que ofrece a cidade amurallada. Neles participaron numerosas personas relacionadas co ámbito cultural, deportivo e de medios de comunicación de Lugo.

Lugo10 é un proxecto que aglutina actividades culturais, deportivas, artísticas etc., resaltando á muralla lucense como ben Patrimonio da Humanidade. O luns só se presentará parte da programación, xa que esta estará aberta ás propostas que fagan asociacións, clubes e colectivos, e irase complentado durante todo o ano. O obxectivo é acadar a máxima implicación social, tal e como sucedeu hai dez anos para conseguir ó distintivo da UNESCO, e recuperar o traballo en equipo que fixo posible este importante galardón non só para Lugo, senón para toda Galicia.

Máis información sobre Lugo 10 (CPP)


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet