Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo

30/06/2010

A Delegada de Filmax en Galicia, Madriña da 6ª promoción de titulados da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC

imaxe do acto de clausuraimaxe do acto de clausura

Gómez Besteiro clausura o curso académico 2009-2010 do que resultan 44 novos titulados en Produción e Realización Audiovisual .
Os novos alumnos poderán solicitar praza para o vindeiro curso no único centro da provincia que imparte estas titulacións ata o 9 de xullo

O Presidente da Deputación e da Fundación TIC, José Ramón Gómez Besteiro, clausurou este martes o curso académico 2009-2010 da 6º promoción da Escola de Imaxe e Son dependente da Fundación TIC. Os 44 novos titulados dos ciclos superiores de Produción de audiovisuais, radio e espectáculos, e Realización de audiovisuais e espectáculos, tiveron como Madriña de excepción a Inmaculada Castaño, Delegada de Filmax en Galicia, compañía audiovisual que ocupa un posto referencial a nivel internacional.

Filmax celebra este ano o décimo aniversario da súa factoría de animación na Comunidade. Dende que se creara o selo de animación en 1999, produciu 8 películas e unha serie de animación, situándose como punto de referencia no cine de animación. Das longametraxes producidas, cinco recibiron o Goya á Mellor Película de Animación como ‘Goomer’, de José Luis Feito e Carlos Varela; ‘El Cid, la leyenda’, de José Pozo; ‘P3K Pinocho 3000’, de Daniel Robichaud; ‘Pérez, el ratoncito de tus sueños’, de Juan Pablo Buscarini; e ‘Nocturna’, de Adrià García y Víctor Maldonado, e todos acadaron importantes ventas a nivel internacional. Ademáis, dende 2006, Filmax comenzou coa produción de proxectos para televisión e documentais como ‘Hai que mollarse’, ‘Reliquias’ ou ‘Historia dunha parroquia’, entre outros.

Actualmente, a compañía está a traballar na súa novena película de animación, ‘Copito de Nieve’, de Andrés G. Schaer. O filme, que será a primeira longametraxe sobre o único gorila branco do mundo, conta cun presuposto de 6,5 millóns de euros.

No transcurso do acto, tivo lugar a proxección dun DVD que recolle a historia dos proxectos desenvoltos por Filmax Galicia nestes últimos dez anos para os que contaron coa participación de Alberto Neira, director de animación da factoría Filmax en Santiago.

>Reserva de praza Os novos alumnos poderán solicitar praza para o vindeiro curso na única escola da provincia que imparte ensinanzas pertencentes á familia da comunicación ata o 9 de xullo. Para elo, todos os interesados poderán presentar a súa preinscrición na sede da EIS, situada na rúa Frei Rei Lemos s/n en Lugo, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Tanto o impreso como a documentación correspondente, poderase descargar a través do portal web www.fundaciontic.org.

O vindeiro 12 de xullo, a Fundación TIC publicará na súa páxina web, así como no taboleiro da Escola de Imaxe e Son, a listaxe de admitidos. Logo, dende o 15 ó 23 de xullo, quedará aberto o prazo de matriculación.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet