Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo

02/03/2010

A Fundación TIC organiza un encontro dos alumnos con Hervera e Vaquero, lucenses nos Goya 2010

  • archivos/fotos/grandes/IMG_1508.JPG

    foto da rolda de prensa de presentacion dos encontro, de esquerda a dereita, Arturo Vaquero, Gómez Besteiro (Presidente da Deputación), María Hervera e José Corredoira (Director da Escola de Imaxe e Son)

    foto da rolda de prensa de presentacion dos encontro, de esquerda a dereita, Arturo Vaquero, Gómez Besteiro (Presidente da Deputación), María Hervera e José Corredoira (Director da Escola de Imaxe e Son)
  • archivos/fotos/grandes/IMG_1518.JPG

    foto da rolda de prensa de presentacion dos encontro, de esquerda a dereita, Arturo Vaquero, Gómez Besteiro (Presidente da Deputación), María Hervera e José Corredoira (Director da Escola de Imaxe e Son

    foto da rolda de prensa de presentacion dos encontro, de esquerda a dereita, Arturo Vaquero, Gómez Besteiro (Presidente da Deputación), María Hervera e José Corredoira (Director da Escola de Imaxe e Son
  • archivos/fotos/grandes/IMG_1515.JPG

    foto da rolda de prensa de presentacion dos encontro, de esquerda a dereita, Arturo Vaquero, Gómez Besteiro (Presidente da Deputación), María Hervera e José Corredoira (Director da Escola de Imaxe e Son

    foto da rolda de prensa de presentacion dos encontro, de esquerda a dereita, Arturo Vaquero, Gómez Besteiro (Presidente da Deputación), María Hervera e José Corredoira (Director da Escola de Imaxe e Son







Gómez Besteiro destacou “a nosa intención é destacar o mérito duns e outros. Por iso hoxe están con nós María Herrera e Arturo Vaquero, cos que queremos transmitir ese orgullo de provincia, na que se fan grandes cousas”

O Presidente provincial anunciou que a Deputación está a xestionar unha recepción oficial a Luis Tosar e Julio Fernández.

As conferencias, tiveron lugar no Salón de Actos da Deputación e foron abertas ó público.

A Fundación TIC , dependente da Deputación, organizou onte un encontro dos alumnos da Escola de Imaxe e Son con dous dos lucenses nos Premios Goya 2010: a guionista María Hervera, premio á mellor película documental por “Garbo, el hombre que salvó el mundo” e Arturo Vaquero, nominado á mellor canción orixinal por “Agallas vs. Escamas”. Serán dúas conferencias, a de Arturo Vaquero ás cinco da tarde e a de María Hervera ás seis. Terán lugar no salón de actos da Deputación e estarán abertas ó público.

O Presidente da Fundación, José Ramón Gómez Besteiro, subliñou que “os Premios Goya deste ano tiveron, sen dúbida, unha forte presenza galega e lucense en particular, na que Luis Tosar e Julio Fernández resultaron premiados, pero tamén houbo outros que estiveron neste punto onde moitas veces é difícil chegar. A nosa intención é destacar o mérito duns e outros. Por iso hoxe están con nós María Herrera e Arturo Vaquero, cos que queremos transmitir ese orgullo de provincia, na que se fan grandes cousas e con xente marabillosa”. Neste senso, anunciou que a Deputación está a xestionar unha recepción oficial a Tosar e Fernández.

Exemplo para os alumnos
Gómez Besteiro afirmou que “este recoñecemento do cine español e esta visita é interesante para que o mundo da imaxe e do son teña ese protagonismo que nos humildemente lle queremos dar dende a Fundación TIC”.

O principal obxectivo da Fundación é a inserción laboral dos seus alumnos, e o mundo cinematográfico é unha das saídas que teñen. Para elo é necesario una boa formación teórica, pero tamén que coñezan de primeira man a experiencia de profesionais de recoñecido prestixio, como é o caso de María Hervera e Arturo Vaquero, ou doutros lucenses, como Julio Fernández, Pedro Revaldería e directores como Inmanol Uribe e José Luis Cuerda, que tamén compartiron unha xornada cos estudantes da EIS.

Dende a Fundación tamén se apoia os primeiros pasos dos alumnos no mercado laboral coa colaboración, a través da súa participación, na rodaxe de películas como a curta “Triste soledad de un violinista”, que se realizou estes días en Sarria, ou do documental “Garbo, Hitler...e Araceli”.

Hervera e Vaquero
María Hervera conseguíu o premio á mellor película documental por “Garbo, el hombre que salvó el mundo”, unha historia que coñeceu a través da lucense Araceli González, quen fora muller de Juan Pujol, o espía español máis importante de todos os tempos. Hai oito anos obtivo unha bolsa do Instituto das Ciencias Cinematográficas e Audiovisuais para afondar nos secretos de Juan Pujol. Neste senso, amosou a súa satisfacción polo recibimento da Deputación e polo premio “porque coñecín a Araceli. Era amiga da miña avoa”. Deste xeito, apuntou que “foi un traballo difícil. O primeiro marido de Araceli reapareceu cando se pensaba que estaba morto. Esa foi a primeira mentira. Tiña a 27 subaxentes traballando para el”.

Arturo Vaquero, nominado polo tema “Agallas vs. Escamas”, para a película “Agallas”, foi un dos primeiros galegos que destacou no campo da música electrónica. Deuse a coñecer co pseudónimo de “Humanoid”, editou varios CDs e realizou numerosos concertos. Vaquero combina o seu labor de compositor coa de Enxeñeiro de Son e produtor musical. Tamén realiza bandas sonoras e música para documentais e anuncios en radio e televisión.

Vaquero lembrou que a composición “foi unha canción orixinal de libro. Os guionistas fixeron a letra. A nominación foi un gran premio porque hai unha selección moi ampla. Como lucenses que somos, imos seguir insistindo ano tras ano para traer o Goya a Lugo”.

Video do encontro con Maria Hervera



Para ver este reproductor necesitas instalar Flash Player


Video do encontro con Arturo Vaquero



Para ver este reproductor necesitas instalar Flash Player



Curso inglés
Por outra banda, a Escola de Imaxe e Son de Lugo acolle dende este martes un curso de inglés audiovisual organizado polo Consorcio Audiovisual de Galicia e a Consellería de Educación, en colaboración coa Fundación TIC.

En total, vintecinco profesionais do sector e titulados da EIS participarán na acción formativa, que se desenvolverá por primeira vez na provincia, e que ten unha duración de sesenta horas. A iniciativa englóbase dentro do convenio suscrito coa Fundación TIC e dentro do Plan de Formación continua do seu persoal docente e técnico.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet