Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo

11/12/2009

O CLAG deseña a Guía de Xestión da Innovación para o sector audiovisual de Galicia

foto_clagfoto_clag

O obxectivo da mesma é explicar de forma didáctica os diversos pasos do proceso de innovación e da súa xestión, complementada con exemplos reais de boas prácticas desenvolvidas por empresas do sector audiovisual galego en diversos ámbitos da xestión da innovación.

O Clúster Audiovisual Galego ven de deseñar unha Guía de Xestión da Innovación para o sector audiovisual de Galicia para fomentar entre o empresariado galego a cultura da innovación; entendendo esta como un proceso de negocio directamente ligado á estratexia da empresa e á súa competitividade futura e que responde a un proceso sistemático e intencional que debe ser xestionado.

A Guía amosa as experiencias relacionadas coa innovación das compañías galegas Bren, Fynet, LambdaStream, Loroestudio, Voz Audiovisual-Medios Digitales de Galicia, identificando boas prácticas na xestión da innovación dentro desas organizacións .

CLAG pon a disposición de todos os profesionais do audiovisual esta guía a través da súa páxina web, accede a ela:
Guía de Xestión da Innovación para o sector audiovisual de Galicia


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet