Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo

14/12/2009

Alumnos e titulados da TIC realizarán proxectos audiovisuais con fins sociais

foto_convenio_asociacionsfoto_convenio_asociacions

A Fundación TIC suscribe convenios con sete asociacións sen ánimo de lucro para divulgar o seu labor social. Estes convenios súmanse os suscritos xa coas Fundacións ANDE, ASPNAIS, Preescolar na Casa e Azkar.

O presiente da Deputación e da Fundación TIC, José Ramón Gómez Besteiro, e representantes de sete asociacións asinaron o luns 15 de decembro convenios de colaboración para a elaboración de proxectos audiovisuais con fins sociais, que serán realizados por alumnos e ex alumnos da Escola de Imaxe e Son de Lugo.

Gómez Besteiro destacou que "esta iniciativa é un bo exemplo de que a Fundación TIC é útil á sociadeade lucense xa que, por unha banda, servimos como medio de sensibilización dos lucenses ofrecendo servizos audiovisuais e novas tecnoloxías e, por outra, becamos a alumnos da Fundación, contribuindo a súa integración laboral"

As sete organización asinantes son:
-Asociación Down de Lugo
-Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFALU)
-Asociación Raiolas
-Fundación UNICEF
-Asociación Lucdense de Sordos (ALUSOR)
-Federación de Asociacións de Familiares de Enfermos Mentais (FEARES)
-Asociación San Vicente de Paul

O Presidente provincial destacou “o importante labor social que desenvolven estas asociacións sen ánimo de lucro, que non sempre está suficientemente recoñecida, a veces, por descoñecemento. Por iso, desde a Fundación TIC imos colaborar para facer visible o seu traballo”.

Pola súa banda, a Presidenta da Fundación UNICEF Lugo, Myriam Garabito, agradeceu, en nome das entidades asinantes, a colaboración da institución provincial. “A sinatura deste convenio permite que o noso traballo e o do persoal voluntario se visibilice dentro e fóra da nosa provincia, e axúdanos a que as nosas metas se leven a cabo”.

Os convenios establecen que a Fundación TIC realizará espazos de divulgación para emitir a través de diferentes soportes audivisuais que serán realizados por un equipo do que formarán parte alumnos da EIS e bolseiros formados no centro. “Con esta iniciativa, poderán ter o seu primeiro contacto co mundo laboral a través da realización de proxectos audiovisuais con fins sociais. Faremos este labor social creando emprego xuvenil”, apuntou Gómez Besteiro.

INSERCIÓN LABORAL

José Ramón Gómez Besteiro subliñou que “o nivel de inserción laboral dos alumnos está a ser moi alto, algo especialmente importante neste momento de crise”. Segundo os datos aportados polo Presidente, 125 alumnos pasaron pola Escola dende a súa creación. “A todos eles se lles dá a oportunidade de iniciarse no mercado de traballo a través do programa de bolsas de formación que promove a Fundación”.

Á marxe dos 7 convenios asinados hoxe, os estudantes da Escola poden realizar prácticas en preto de 60 empresas do sector audivisual de Galicia e do resto de España.

O RETO DA TDT

O Presidente incidiu en que “a potenciación da TDT tamén é un grande reto no que a Fundación está implicada directamente”. Lembrou que a Televisión Dixital Terrestre “é un factor de desenvolvemento tecnolóxico, de creación de emprego e de oportunidades de negocio no mundo audiovisual. Son necesarios técnicos cunha maior cualificación profesional formados no manexo das novas tencoloxías dixitais”.

Neste senso, suliñou que “pero tamén debemos destacar a cooperación cos Concellos neste eido. Hai que lembrar que no mes de xullo a Fundación entregou 700 decodificadores en A Fonsagrada, co fin de rematar o apagón analóxico. Tamén sufragamos na Mariña un remisor que hoxe permite recibir sinal da TDT a 500 familias de Foz, Lourenzá e Barreiros. Estes son gastos cos que deben correr os Concellos pero que asumimos desde a Deputación”.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet