Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo

19/12/2013

Éxito de participación no curso de videoxogos que imparte a TIC para ofrecer novas saídas profesionais ós alumnos da EIS

  • archivos/fotos/grandes/_77K5982.jpg

    videojuegos1

    videojuegos1
  • archivos/fotos/grandes/_77K5984.jpg

    videojuego2

    videojuego2
  • archivos/fotos/grandes/_77K5989.jpg

    videojuegos3

    videojuegos3
  • archivos/fotos/grandes/_77K5990.jpg

    videojuego4

    videojuego4







22 persoas, das que a metade son alumnos e titulados da Escola, participan neste programa formativo para o que houbo unha longa lista de espera
A actividade, financiada nun 80% pola Fundación, comezou este mércores e prolongarase ata o 28 de maio
Todos os participantes elaborarán o seu propio videoxogo, e un deles realizará prácticas durante tres meses na empresa Inteligencia Visual

A Fundación TIC comezou este mércores o programa formativo Iniciación ó Deseño e Desenvolvemento de Videoxogos que se impartirá do 18 de decembro ó 28 de maio na Escola de Imaxe e Son (EIS). Participan 22 persoas, das que a metade son alumnos e titulados da Escola, e houbo outros 18 interesados en lista de espera. O obxectivo do curso é crear novas saídas profesionais para o alumnado da TIC dentro dun sector recoñecido como motor económico dentro da industria do entretemento e o ocio dixital.
As clases serán presenciais e estarán impartidas por membros do equipo de gaming da empresa de desenvolvemento de sofware Intelixencia Visual. Darase un enfoque eminentemente práctico aplicado ó sector a cargo de profesores especializados en metodoloxías de desenvolvemento do centro oficial de formación Scrum Manager. A actividade, que está financiada nun 80% pola TIC, divídese en sete módulos que cubrirán os aspectos máis relevantes do deseño e desenvolvemento de videoxogos.
Cada participante deseñará un videoxogo
Inteligencia Visual, empresa cunha ampla traxectoria no sector do entretemento dixital, será a encargada de impartir un curso eminentemente práctico, co obxectivo de fomentar o I+D+I na provincia e proporcionar ós participantes as ferramentas básicas para o desenvolvemento de produtos destas características.
Durante o curso cada alumno creará o seu propio videoxogo. Pero ademais darase a oportunidade a un deles de realizar prácticas durante tres meses nesta empresa para que participe no desenvolvemento dun dos produtos nos que estean a traballar.
Esta actividade está incluída no programa de formación complementaria destinada a alumnos e exalumnos da EIS. O curso de deseño de videoxogos é unha das novidades deste programa que o ano que vén ampliará a súa oferta para que estea en sintonía cun sector audiovisual e multimedia en continuo cambio.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet