Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo

21/11/2013

A Fundación TIC imparte un curso de deseño de videoxogos para ofrecer novas saídas profesionais ós alumnos da EIS

- Santos Ramos subliñou que “ofrecemos formación e alternativas laborais fronte ó ataque que está a sufrir á Educación Pública, con recortes de 400 millóns de euros, supresión de mestres, unidades de ensino, becas ou cun Lei elitista”

- Alumnos e exalumnos terán preferencia para participar neste programa formativo de máis de cinco meses de duración, 22 prazas e financiado nun 80% pola TIC

- Os interesados poden preinscribirse desde hoxe e ate o 4 de decembro na web www.fundaciontic.org

- Todos os participantes elaborarán o seu propio videoxogo, e un deles realizará prácticas durante tres meses na empresa Inteligencia Visual

O patrón da Fundación TIC e Deputado de Cooperación cos Concellos, Álvaro Santos, e o representante da empresa lucense Inteligencia Visual, Juan Carlos Araújo, presentaron este mércores o programa formativo Iniciación ó Deseño e Desenvolvemento de Videoxogos que se impartirá do 18 de decembro ó 28 de maio na Escola de Imaxe e Son (EIS). Santos Ramos salientou que “con este curso queremos formar ós estudantes sobre un dos sectores recoñecido como motor económico dentro da industria do entretemento e o ocio dixital para contribuír á súa inserción laboral. Ofrecemos ós mozos formación e alternativas laborais fronte ó ataque que está a sufrir á Educación Pública, con recortes de 400 millóns de euros nos últimos anos, coa supresión de mestres, unidades de ensino, becas, repago de comedores ou cun Lei elitista e retrógrada. Todo isto, fai que hoxe a comunidade educativa volve ás rúas para esixir á Xunta e ó Goberno Central que pare co desmantelamento da Educación Pública. Temos que defender o sistema educativo público para o progreso persoal, laboral e social das novas xeneracións fronte á brutal tixeira e cegueira privatizadora da dereita”.


A actividade, financiada nun 80% pola TIC, contará con 22 prazas, para as que terán preferencia alumnos e exalumnos da Escola. O patrón da TIC afirmou que “con este esforzo económico queremos ofrecer ós nosos alumnos un coñecemento extenso do desenvolvemento de contidos gaming, facendo especial fincapé no ensino especializado, na investigación e no emprego activo dentro deste sector”.


Cada participante deseñará un videoxogo

Pola súa banda, Araújo dixo que Inteligencia Visual, empresa cunha ampla traxectoria no sector do entretemento dixital, impartirá un curso eminentemente práctico, co obxectivo de fomentar o I+D+I na provincia e proporcionar ós participantes as ferramentas básicas para o desenvolvemento de produtos destas características”.


Segundo anunciou, “durante o curso cada alumno creará o seu propio videoxogo. Pero ademais darase a oportunidade a un deles de realizar prácticas durante tres meses na nosa empresa para que participe no desenvolvemento dun dos produtos nos que esteamos a traballar”.


Como apuntarse

O prazo de preinscrición estará aberto desde hoxe, 20 de novembro, ata o 4 de decembro. Os interesados poderán preinscirbirse a través do banner que xa aparece na web www.fundaciontic.org, onde tamén poden atopar toda a información sobre o curso. Os días 5 e 6 publicarase a lista de admitidos, e a matrícula poderá formalizarse ata o 15 de decembro. Para establecer a orde de admitidos terán preferencia os alumnos e exalumnos da EIS, que deberán aboar tan só 100 euros; seguiranlle os interesados da provincia e a continuación os residentes no resto de Galicia. No caso das persoas que non estean vinculadas á Escola aboarán 250 euros.


Formación complementaria

Este curso estará incluído no programa de formación complementaria destinada a alumnos e exalumnos da EIS. O curso de animación e videoxogos será unha novidades deste programa que o ano que en 2014 ampliará a súa oferta para que estea en sintonía cun sector audiovisual e multimedia en continuo cambio.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet