Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo

18/10/2013

A remisión dos concertos gravados pola Fundación TIC no Resurrection Fest 2013 son un éxito na Rede

  • archivos/fotos/grandes/20130804_023833.jpg

  • archivos/fotos/grandes/20130804_005826.jpg

  • archivos/fotos/grandes/20130804_011746.jpg

  • archivos/fotos/grandes/20130804_023808.jpg

  • archivos/fotos/grandes/20130804_023927.jpg







- A primeira redifusión, co concerto de Trivium, conseguiu ser Trending Topic en España


- A emisión en streaming durante o festival conseguiu 235.000 impactos e 95.000 visitantes únicos na canle tv.resurrection-fest.com e foi seguida en máis de 70 países.


-Tras a remisión de todos os concertos, subiranse os temas, entrevistas coas bandas e co público á canle oficial do Resurrection Fest en YouTube.

O festival Resurrection Fest, referencia dos sons extremos en España e gravado na súa totalidade pola Fundación TIC está a acadar un grande éxito na Rede. Grazas ó traballo da TIC, os que non puideron asistir ós concertos tiveron a posibilidade de seguilo, tanto en directo, a través do sistema streaming, coma en diferido, na canle http://resurrection.tv.


A colaboración da Fundación TIC coa organización do Resurrection Fest permitiu seguir en internet, non só os concertos, senón tamén acceder a entrevistas coas bandas, ver o ambiente nas acampadas e moito máis do que sucedeu ó redor do festival. A emisión en streaming durante o festival conseguiu 235.000 impactos e 95.000 visitantes únicos na canle tv.resurrection-fest.com e foi seguida en máis de 70 países.


O concerto de Trivium, a banda de metalcore gabada por Metallica ou Iron Maiden, obtivo o pasado mércores máis de 5.000 visitas e conseguiu difusión en toda España, Portugal, Francia, Bélxica, Chile, México e EE.UU. O propio baixista da banda, Paolo Gregoletto, seguiu a retransmisión do seu concerto a través de Twitter, comentándoo xunto ós seus seguidores. A remisión conseguiu ser Trending Topic.



Tras a remisión de todos os concertos, subiranse pouco a pouco os temas, entrevistas coas bandas e co público á canle oficial do Resurrection Fest en YouTube.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet