Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo

03/10/2013

A Fundación TIC difundirá a Festa da Faba de Lourenzá para promover o produto autóctono no exterior

Imaxe cartel festa da faba 2013Imaxe cartel festa da faba 2013

- Bolseiros e profesionais da TIC gravarán todas as actividades lúdicas e culturais que se desenvolvan durante a fin de semana
- O equipo realizará reportaxes para a súa emisión en medios de comunicación e un documental para a web do Concello laurentino

Bolseiros e profesionais da Fundación TIC, dependente da Deputación, dará a máxima difusión á XXIII Festa da Faba de Lourenzá para a súa promoción no exterior. O equipo gravará o amplo abano de actividades lúdicas e culturais, que se desenvolvan do 4 o 6 de outubro, e elaborarán reportaxes para a súa emisión en diferentes medios de comunicación e nas redes sociais.
Ademais, realizarán un documental sobre a festa declarada de Interese Turístico de Galicia, que estará a disposición dos cidadáns na páxina web do Concello de Lourenzá.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet