Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo

23/09/2013

A Fundación TIC emitirá en directo a conferencia de EduardPunset o vindeiro xoves por streaming

Imaxe EduardPunsetImaxe EduardPunset

- O traballo de bolseiros e técnicos da TIC fará posible que todos os interesados sigan a conferencia do comunicador a través de internet, das pantallas que se instalarán no Salón de Plenos e dos expositores que hai na Praza de San Marcos.
- Esta colaboración forma parte do obxectivo da Fundación de promover as novas tecnoloxías e de estar ó servizo dos intereses dos cidadáns

A Fundación TIC emitirá en directo, a través do sistema streaming, a conferencia que EduardPunset impartirá o vindeiro xoves na Deputación sobre como ser felices e enfrontarse ós retos do século XXI. O traballo do equipo formado por bolseiros e técnicos da TIC fará posible que todas as persoas interesadas en seguir en tempo real a charla do comunicadorpoidan facelo dende as súas casas e a través de dispositivos móbiles. Será no enlace www.lugoinnova.deputacionlugo.org.
Ademais, en previsión do interese que suscitaráa presenza de Punset en Lugo ede que o aforo do Salón de Actos do pazo provincial se quede pequeno, a intervención tamén poderá seguirse a través das pantallas que aTIC instalará no Salón de Plenos e dos expositores que hai na Praza de San Marcos, onde se habilitará un espazo para o público.
A TIC, ó servizo dos lucenses
Esta colaboración da Fundación TIC abarca varios obxectivos:servir de práctica nun escenario real ós bolseiros da Escola de Imaxe e Son (EIS); promover o uso das novas tecnoloxías e difundir as reflexións dun especialistasobre o impacto das mesmas como éEduardPunset; e estar ó servizo dos intereses e demandas dos cidadáns.
Dentro desta liña de traballo, a TIC tamén está a transmitir en directo e de forma íntegra outras actividades como os plenos provincias que se celebran cada meses.Outras iniciativas que tiveron un elevado número de seguidores grazas a súa transmisión por streamingforon o Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais, o ResurrectionFest de Viveiro ou Concurso de Baristas de Foz.
A visita de EduardPunset enmárcase dentro do Innova-TE2 e pretende servir de exemplo a novos emprendedores da provincia para que aproveiten os recursos da TICs.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet