Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo

06/09/2013

Bolseiros da Fundación TIC gravan nas rúas da cidade de Lugo o III Street Market que está sendo todo un éxito

  • archivos/fotos/grandes/IMG_1328.JPG

  • archivos/fotos/grandes/IMG_1329.JPG

  • archivos/fotos/grandes/IMG_1331.JPG

  • archivos/fotos/grandes/IMG_1333.JPG

  • archivos/fotos/grandes/IMG_1335.JPG







-Co material captado ó longo do día realizaranse varios audiovisuais que se difundirán en varios medios de comunicación e redes sociais
-A TIC colabora de novo coas Autónomas nesta iniciativa para apoiar o comercio local e aumentar as posibilidades laborais ós titulados da Escola de Imaxe e Son
Bolseiros da Fundación TIC, organismo dependente da Deputación, saen a rúa para gravar o Street Market que se desenvolve hoxe polo casco antigo da cidade de Lugo con descontos de ata o 80% e que está a ser todo un éxito de público e vendas. Co material gráfico que rexistren as cámaras da TIC nas tendas participantes elaborarase un amplo DVD, reportaxes con entrevistas así como vídeos de promoción que se difundirán en diversos medios de comunicación e redes sociais.
Trátase dunha nova colaboración da TIC dentro do convenio que mantén coa Asociación de Autónomas de Lugo para difundir o seu labor a través de produtos audiovisuais. Un acordo que está a ser moi positivo, por unha banda, para a promoción do pequeno comercio de Lugo e por outra, para aumentar as posibilidades laborais dos alumnos e bolseiros da Escola de Imaxe e Son ó por en práctica en escenarios reais os coñecementos adquiridos nas aulas.

http://youtu.be/Hu9feXd6_Yo


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet