Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo

31/07/2013

A Deputación impulsa un ano máis o Resurrection Fest, un referente en todo o mundo

A Deputación impulsa un ano máis o Resurrection Fest, un referente en todo o mundo

- Os concertos comezan este xoves e se prolongarán durante 3 días dende pouco antes das 3 da tarde ata pasadas as 3 da mañá
- Esta é a oitava edición do festival que achega a Viveiro o mellor do hardcore, punk e heavy metal
-Os organizadores prevén que se pasarán polo festival máis de 30.000 persoas que gastarán 1,4 millóns de euros

A Deputación colabora un ano máis coa organización do Resurrection Fest en Viveiro, un festival de música heavy metal, hardcore e punk que se converteu en poucos anos en referente mundial. A cita supón unha importante oportunidade de negocio para a zona polo que a institución provincial leva anos axudando ós organizadores con achegas económicas elevadas para conseguir traer á mariña lucense os grupos máis importantes do panorama musical. Para este ano a Deputación mantivo a contía da súa achega, a pesar da crise os organizadores contaron cunha axuda do ente provincial de 10.000 euros. Ademais a Fundación Tic, dependente da organización se encargará de toda a produción audiovisual do evento. Profesionais e bolseiros se encargarán da emisión en streamming dos concertos para o que traballarán os profesionais e bolseiros da Fundación. Grazas ó traballo da TIC, os asistentes terán posibilidade de ver os concertos na pantalla xigante que se vai instalar nun dos laterais dos escenarios. Os que non poidan asistir terán a posibilidade de seguilo, tanto en streamming coma en diferido,na canle http://resurrection.tv

O Resurrection Fest é xa un referente internacional para os xiareiros deste tipo de música xa que no seu cartel se incluen grupos de grande fama internacional. Para a edición deste ano contan coas actuacións de Lamb of God, Bad Religion ou Slayer, entre máis de medio cento de agrupacións. A organización ten disposto un recinto no campo de fútbol das Lavandeiras con 3 escenarios diferenciados onde os grupos irán tocando sen coincidir no tempo das actuacións máis importantes.

Para o primeiro día os organizadores repartiron 19 grupos entre os tres escenarios cos que conta o recinto. Deste xeito poderanse escoitar no escenario Monster Stage ós grupos Lamb of God, Trivium, Sylosis, The Casualties, Switchtense, Bastards on Parade e Against the Waves. No escenario Jägerweister tocarán Jello Biafra, Mad Ball, Devil in me, Escuela de odio, Possesion, Inordem e Mutant Squad. E no Arnette Stage actuarán The Flattiners, The Amsterdam Redlight District, A new heaven arise anima, Oddy Lane, Amenaza de muerte e 1906. Para o venres e o sábado quedan pendentes outros 40 grupos entre os que destacan, Bad Religion, Slayer, Biohazard, Killswicht Engage e Exodus, entre outros.



Organización no recinto e zonas de acampada
Os organizadores xa teñen todo disposto nas instalacións do campo de fútbol das Lavandeiras. A acampada é gratuíta en dúas zonas habilitadas no parque de pernas peón e no Mirador de San Roque, teñen duchas, baños e outros servizos. Onde xa están agotadas as prazas é no Casino de Viveiro, moi preto do festival e dos centros comerciais e casco histórico da vila. Estas instalacións contan con grandes servizos como o de seguridade privada, wifi, servizos e duchas e cafetería, entre outros a prezos moi reducidos, polo que espertaron o interese dos visitantes.

No recinto, os que acudan ós concertos disporán de servizos como atención sanitaria, cafeterías e bares, e espazos para a práctica de skate e exhibicións, entre outros. Na páxina web oficial www.resurrection-fest.com hai completa información sobre os horarios, os servizos, un plano do recinto e outros aspectos de interese para os que queiran acudir á cita.

Importante oportunidade para dar a coñecer A Mariña
Dende a Deputación consideran que o Resurrection Fest, ó atraer tanta xente e grupos tan importantes é unha importante oportunidade para dar a coñecer a Mariña como destino turístico. Segundo os organizadores, á cita acudirá público de 30 países diferentes que desfrutarán do Festival e de toda a riqueza da zona, contribuíndo á súa promoción fóra e a xerar riqueza en sectores estratéxicos como a hostalería e o turismo. Segundo un estudo da Universidade de A Coruña , en tan só 3 días, o evento deixa na cidade do Landro máis de 1,4 millóns de euros.

As entradas poden adquirirse aínda na páxina web do festival así como en diferentes establecementos de distintas localidades; sendo de 69 euros o prezo do bono de tres días, e de 40 euros o prezo dun día.

Lugo, 30 de xullo de 2013


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet