Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo

20/06/2013

Centos de lucenses coñeceron o labor da Escola de Imaxe e Son nas segundas xornadas de portas abertas ABERTIC

  • archivos/fotos/grandes/ABERTIC_0001.jpg

  • archivos/fotos/grandes/ABERTIC_0002.jpg

  • archivos/fotos/grandes/ABERTIC_0003.jpg

  • archivos/fotos/grandes/ABERTIC_0004.jpg

  • archivos/fotos/grandes/ABERTIC_0005.jpg

  • archivos/fotos/grandes/ABERTIC_0006.jpg

  • archivos/fotos/grandes/ABERTIC_0007.jpg

  • archivos/fotos/grandes/ABERTIC_0008.jpg

  • archivos/fotos/grandes/ABERTIC_0009.jpg

  • archivos/fotos/grandes/ABERTIC_0010.jpg

    Alumnos do IES Muralla Romana

    Alumnos do IES Muralla Romana
  • archivos/fotos/grandes/ABERTIC_0011.jpg

    Alumnos do IES Virxe dos Ollos Grandes

    Alumnos do IES Virxe dos Ollos Grandes
  • archivos/fotos/grandes/ABERTIC_0012.jpg

  • archivos/fotos/grandes/ABERTIC_0013.jpg

  • archivos/fotos/grandes/ana2.jpg

  • archivos/fotos/grandes/andre.jpg

  • archivos/fotos/grandes/BESTEIRO, PACO RIBERA Y LUIS.jpg

  • archivos/fotos/grandes/familiaelirosquilla.jpg

  • archivos/fotos/grandes/javier garcia.jpg

  • archivos/fotos/grandes/jum 2.jpg

  • archivos/fotos/grandes/LUCUS AUGUSTI 2.jpg

    Alumnos do IES Lucus Augusti

    Alumnos do IES Lucus Augusti
  • archivos/fotos/grandes/lucusaugustichicaramones.jpg

    alumnos do IES Lucus Augusti

    alumnos do IES Lucus Augusti
  • archivos/fotos/grandes/miriam2.jpg

  • archivos/fotos/grandes/mirianproduc.jpg

  • archivos/fotos/grandes/PACO RIVERA, LUIS Y BESTEIRO 3.jpg

  • archivos/fotos/grandes/Pista Roja.jpg

  • archivos/fotos/grandes/politecnico 3.jpg

    Alumnos do IES Politecnico

    Alumnos do IES Politecnico
  • archivos/fotos/grandes/politecnico telecomunicaciones 4.jpg

    Alumnos do IES politécnico de telecomunicacións

    Alumnos do IES politécnico de telecomunicacións
  • archivos/fotos/grandes/saralucia.jpg

  • archivos/fotos/grandes/abertic_20130620_01.JPG

  • archivos/fotos/grandes/abertic_20130620_02.JPG

  • archivos/fotos/grandes/abertic_20130620_03.JPG

  • archivos/fotos/grandes/abertic_20130620_04.JPG

  • archivos/fotos/grandes/abertic_20130620_05.JPG

  • archivos/fotos/grandes/abertic_20130620_06.JPG

  • archivos/fotos/grandes/abertic_20130620_07.JPG

  • archivos/fotos/grandes/abertic_20130620_08.JPG

  • archivos/fotos/grandes/abertic_20130620_09.JPG

  • archivos/fotos/grandes/abertic_20130620_10.JPG

  • archivos/fotos/grandes/abertic_20130620_11.JPG

  • archivos/fotos/grandes/abertic_20130620_12.JPG

  • archivos/fotos/grandes/abertic_20130620_13.JPG

  • archivos/fotos/grandes/abertic_20130620_14.JPG

  • archivos/fotos/grandes/abertic_20130620_15.JPG

  • archivos/fotos/grandes/abertic_20130620_16.JPG

  • archivos/fotos/grandes/abertic_20130620_17.JPG

  • archivos/fotos/grandes/abertic_20130620_18.JPG

  • archivos/fotos/grandes/abertic_20130620_19.JPG

  • archivos/fotos/grandes/abertic_20130620_20.JPG

  • archivos/fotos/grandes/abertic_20130620_21.JPG

  • archivos/fotos/grandes/abertic_20130620_22.JPG

  • archivos/fotos/grandes/abertic_sanjose.jpg

    alumnos do colexio San Xosé

    alumnos do colexio San Xosé
  • archivos/fotos/grandes/abertic_tarde_01.JPG

  • archivos/fotos/grandes/abertic_tarde_02.JPG

  • archivos/fotos/grandes/abertic_tarde_03.JPG

  • archivos/fotos/grandes/abertic_tarde_04.JPG

  • archivos/fotos/grandes/aberti_tarde_05.JPG







- Gómez Besteiro destacou a importancia desta iniciativa, coa que “os veciños da provincia coñecen de primeira man o traballo formativo que desenvolvemos na TIC orientado á inserción laboral dos nosos alumnos”
- A xornada incluíu obradoiros de radio, televisión e fotografía, proxección de traballos, espectáculos e música en directo
- Numerosos representantes de empresas audiovisuais, centros educativos e asociacións culturais e deportivas participaron nas actividades coas que os alumnos amosaron as tarefas desenvolvidos durante o curso
- O Presidente foi o encargado de entregar os diplomas ós titulados da novena promoción da EIS, que cursaron os estudos entre o 2011 e o 2013

Podedes ver aquí os videos realizados nun dos talleres de televisión e as fotos dos visitantes que pasaron polo Photocall da Escola de imaxe e son de Lugo disfrutando de todos os actos e talleres que se realizaron na escola:


Centos de lucenses participaron este xoves na segunda edición das xornadas de portas abertas ABERTIC, organizadas pola Fundación TIC nas instalacións da Escola de Imaxe e Son (EIS) de Lugo para dar a coñecer á sociedade o labor formativo deste centro, o único público da provincia que imparte ensinanzas no eido audiovisual. Nesta iniciativa, que repetiu deste xeito o éxito de público da edición do pasado ano, os alumnos da EIS puxeron en práctica, co apoio de docentes e técnicos, os coñecementos adquiridos durante o curso a través de obradoiros de radio, televisión e fotografía, abertos á participación de todos os que visitaron as instalacións da Escola ó longo da xornada.
O Presidente da Fundación e da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, achegouse ó centro educativo para participar no ABERTIC e destacou a importancia deste tipo de xornadas “para que os lucenses coñezan de primeira man o labor que desenvolvemos na TIC, orientado á inserción laboral dos nosos alumnos”. Ademais, o máximo responsable provincial dixo que “deste xeito tamén contribuímos a achegar o mundo das novas tecnoloxías ós habitantes da nosa provincia”.

A sociedade lucense coa TIC
Representantes de produtoras, organizacións relacionadas co mundo audiovisual e medios de comunicación comprobaron in situ o nivel formativo adquirido polos alumnos durante o curso, baseado en prácticas en escenarios reais. Entre outros, Galicia Dixital, Grupo fotográfico Fonmiñá, Miñomedia, Imaxina e Coolfims. Ademais, participaron membros de diversas asociacións culturais e deportivas, como Achádego Teatro, Nova Escena Teatro, Palimoco, Parafono, Breogán ou Azkar Lugo.
Tamén foi destacada a presenza de alumnos e profesores doutros centros educativos que colaboraron cos estudantes da Escola de Imaxe e Son na realización de prácticas de radio, fotografía e televisión. Entre outros, os IES Muralla Romana, Virxe dos Ollos Grande, Lucus Augusti Politécnico e o colexio San Xosé.

Obradoiros de radio, televisión e fotografía
O programa ABERTIC, que se desenvolveu de 11:00 a 20:00 horas, tanto nos exteriores como dentro das instalacións da Escola, comezou coa recepción dos asistentes cun posado no “photocall” situado á entrada, e incluíu obradoiros de radio, televisión e fotografía. Deste xeito, as persoas que se achegaron á EIS tiveron a oportunidade de formar parte dun programa radiofónico con entrevistas en directo, coñecer os segredos da televisión por dentro e retocar fotos e vídeos para compartilos nas redes sociais. Os vídeos que realizou cada participante están subidos na canle que a Fundación TIC ten en Youtube. A xornada contou tamén con representacións teatrais e o traballo dunha unidade móbil con tres cámaras, que foi a encargada da gravación e realización dos eventos da xornada.

Novidades desta edición
Entre as moitas novidades deste ano, destacou a música en directo que ofreceu o grupo lucense de estilo indie/rock “Winter in Berlín” e o Dj Alejandro Losada dende a terraza da EIS. O obxectivo foi reproducir una mostra do FIBES, o I Festival Itinerante de Balcóns e Espazos Sonoros, unha iniciativa pioneira en Galicia, organizada o pasado 10 de maio polos alumnos de primeiro da Escola na cidade con grande éxito. Os estudantes tamén representaron a primeira escena da obra teatral do sevillano Alejandro Butrón “Apoloxía do cuarto de baño”. Tamén houbo un flahsmob no que competiron alumnos de Realización e Produción.
Na Sala de Proxeccións tivo lugar a proxección ininterrompida de traballos dos alumnos de primeiro, en concreto a recreación de secuencias das longametraxes La vida es bella, Crimen ferpecto, Mi vida sin mí e Full Monty. Tamén se pasaron as reportaxes Pendurando no tempo, que recolle os negocios de Lugo máis antigos, Familias en Desventaxa, Guetos, sobre as desigualdades sociais e a integración, e Online sobre as redes sociais a a súa incidencia nas nosas vidas.

Entrega de diplomas
O Presidente da Deputación e da Fundación TIC foi a encargado da entrega dos diplomas ós novos titulados en Imaxe e Son da novena promoción, que cursaron estudos no período académico (2011-13).

Ademais, ó igual que o ano pasado, regalouse a todos os asistentes unha carpeta cun DVD cos mellores traballos do curso 2012-13 e información da EIS e o proceso de matrícula para o vindeiro curso.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet