Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo

07/06/2013

A Fundación TIC editará un traballo audiovisual co que ASPANANE de Viveiro aspirará ós premios de teatro da DGT

  • archivos/fotos/grandes/aspananes1.jpg

    imaxe da representación da obra de teatro

    imaxe da representación da obra de teatro
  • archivos/fotos/grandes/aspananes2.jpg







- 28 rapaces usuarios do Centro de Día da Asociación de Pais de Nenos e Adolescentes con Necesidades Especiais porán en escena este sábado no teatro viveirense Pastor Díaz unha adaptación de Carapuchiña Vermella, con referencias á educación vial
- Alumnos da Escola de Imaxe e Son, o único centro público da provincia que imparte ensinanzas da rama audiovisual, co apoio de profesionais da TIC, realizarán o guión teatral en formato dixital que esixen as bases do certame

Alumnos da Escola de Imaxe e Son (EIS), co apoio de profesionais da Fundación TIC, realizarán un vídeo coa gravación dunha adaptación de Carapuchiña Vermella con referencias á educación vial que a Asociación de Pais de Nenos e Adolescentes con Necesidades Especiais (ASPANANE ) de Viveiro vai presentar a un concurso de teatro para persoas con discapacidade convocado pola Dirección General de Tráfico (DGT). A representación, na que interveñen 28 rapaces usuarios do Centro de Día e Centro Ocupacional de ASPANANE, terá lugar este sábado, día 8 de xuño, ás 20:00 horas, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.

Os estudantes da EIS, o único centro público da provincia que imparte ensinanzas da rama audiovisual, editarán o DVD coa posta en escena da obra, xa que as bases do certame requiren a presentación do guión teatral en formato dixital. A versión do conto dos irmáns Grimm desenvólvese nun decorado que inclúe un tramo de rúa con carril para bicicletas, unha estrada con semáforos, sinais de tráfico, e beirarrúas a carón dun castelo.

O apoio social da TIC

ASPANANE é unha das mais dun centenar de asociacións sen ánimo de lucro coas que a Fundación TIC ten asinado convenio co fin de divulgar o seu labor na provincia, ó tempo cos alumnos realizan prácticas reais que melloran as súas posibilidades de inserción laboral, así como manter un programa de bolsas de emprego para os titulados. Ademais, a TIC mantén contacto con 70 empresas do sector audiovisual o que permite ós estudantes e bolseiros realizar traballos profesionais.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet