Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo

10/05/2013

Alumnos de Fundación TIC realizaron a cobertura mediática da Gala Lucus Moda, que conto con gran éxito de público

  • archivos/fotos/grandes/gala-lucusmoda-1.jpg

    imaxes da gala

    imaxes da gala
  • archivos/fotos/grandes/gala-lucusmoda-5.jpg

    alumnos gravando a gala

    alumnos gravando a gala
  • archivos/fotos/grandes/gala-lucusmoda-2.jpg

  • archivos/fotos/grandes/gala-lucusmoda-7.jpg

  • archivos/fotos/grandes/gala-lucusmoda-3.jpg

  • archivos/fotos/grandes/gala-lucusmoda-6.jpg

    alumnos gravando a gala

    alumnos gravando a gala
  • archivos/fotos/grandes/gala-lucusmoda-4.jpg

  • archivos/fotos/grandes/gala-lucusmoda-8.JPG

  • archivos/fotos/grandes/gala-lucusmoda-9.JPG

  • archivos/fotos/grandes/gala-lucusmoda-10.JPG







A pasarela reuniu a máis de 300 persoas no Museo Interactivo de Historia e se recadaron preto de 7.000 euros para o Fogar do Transeúnte, celebrou a súa 4º edición co apoio de Deputación e Concello, logo da insistencia dos profesionais do sector por contar cun evento que supón importantes beneficios económicos e de promoción

O evento presentado pola actriz Camila Bossa, escaparate das creacións de 5 deseñadores, 14 firmas de artesanía e 7 perruquerías, foi seguida por numerosos medios de comunicación grazas ó traballo dos profesionais da Fundación TIC e os alumnos da Escola de Imaxe e Son

A colaboración dun centenar de profesionais e de case 20 negocios lucenses interesados en estar presentes no certame contribuíu a facer posible a cita coa moda lucense



A 4ª edición da Gala Lvcvs Moda foi un ano máis escaparate de excepción para os creadores lucenses, que convenceron coas súas propostas ó numeroso público asistente. Máis de 300 persoas encheron o recinto do Museo Interactivo de Historia de Lugo (MIHL), convertido nunha impresionante pasarela de moda que conseguiu recadar preto de 7.000 euros, que nos vindeiros días se entregarán ó Fogar do Transeúnte da capital luguesa.

Case 30 firmas lucenses de moda, artesanía e perruquería, así como preto de 20 negocios que decidiron prestar a súa colaboración co evento, reuníronse para organizar unha gala que, dende os seus inicios ven supoñendo un considerable pulo para un sector da provincia coma o do deseño, que ten moitos e destacados nomes. A popular actriz galega Camila Bossa, protagonista de series como Mareas Vivas ou Matalobos, exerceu de presentadora dun evento inspirado nas estrelas, que estiveron presentes tanto no espectacular recinto coma nas creacións exhibidas.

Colaboración da Fundación TIC
Como en anteriores ocasións, o evento contou cunha ampla cobertura mediática grazas ó traballo dos alumnos de Produción e Realización Audiovisual da Fundación TIC, que foron os encargados de gravar todo o que acontecía sobre a pasarela e fóra dela. Esta é outra das actividades na que os alumnos da Escola de Imaxe e Son realizan prácticas en escenarios reais, o que lles axuda na súa formación de cara a inserción laboral.
Novamente, a Deputación tamén editou e distribuíu entre os asistentes un pequeno libreto con toda a información necesaria para adquirir as creacións de deseñadores e artesáns e os servizos das perruquerías.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet