Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo

05/03/2013

Entrega ó grupo teatral Os Baluros un DVD sobre a obra “Vaise pechar unha casa máis”, realizado pola Fundación TIC

Imaxe do acto de entrega do DVDImaxe do acto de entrega do DVD

O traballo audiovisual recolle a representación número 100 da peza, a máis exitosa ata o momento do colectivo de Castro de Rei, que conta unha historia de emigración

Bolseiros da Escola de Imaxe e Son, co apoio de técnicos da TIC, gravaron e editaron o DVD como parte das prácticas reais coas que o centro lles facilita a inserción laboral

A Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, fixo entrega ó creador do grupo de teatro Os Baluros, o sacerdote Xosé Manuel Carballo, dun DVD que recolle a gravación íntegra da representación número 100 da obra “Vaise pechar unha casa máis”, a peza máis exitosa ata o momento desta agrupación de Castro de Rei.

Bolseiros da Escola de Imaxe e Son (EIS), co apoio dos técnicos da TIC, gravaron e editaron este traballo audiovisual como parte das prácticas reais que lles ofrece o único centro público da provincia que imparte ensinanzas superiores no eido audiovisual para mellorar as súas posibilidades de inserción laboral.

A obra teatral foi escrita hai máis de trina anos por Xulio Pita, coa colaboración de Xosé Manuel Carballo. A estrea tivo lugar no ano 1978, en Castro de Rei. Dende entón percorreron toda a xeografía galega e acudiron a representala a Madrid e Barcelona.

Prácticas reais para os alumnos

Bolseiros da Escola de Imaxe e Son, co apoio dos técnicos da Fundación TIC, foron os encargados de gravar as imaxes da xornada e editar o material resultante, a modo de prácticas reais coas que os alumnos puideron aplicar os coñecementos adquiridos no centro de formación.

A EIS ten como un dos seus principais obxectivos complementar os coñecementos teóricos con numerosas prácticas, encamiñadas a favorecer a posterior integración dos alumnos no mercado de traballo. Na actualidade, a TIC mantén contacto con máis de 70 empresas nacionais do sector multimedia e ten asinados máis de 100 convenios de colaboración con ONGs, asociacións culturais e entidades deportivas para difundir o seu labor mediante a realización de proxectos audiovisuais.

A Escola oferta 44 prazas, 22 para cada un dos dous módulos superiores: Realización e Produción de Audiovisuais, ademais de contar con matrícula gratuíta dende hai cinco anos, agás para os alumnos repetidores, co fin de apoiar un ensino público de calidade e accesible a todos, ó mesmo tempo que fomentar a cultura do esforzo.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet