Alumnos da Escola de Imaxe e son realizaron prácticas de iluminación nos estudios da Fundación TIC
Os alumnos de primeiro curso de Realización de Televisión, audiovisuais e espectáculos realizaron estes días clases prácticas de iluminación empregando o material que ten a Fundación TIC no Centro de Producción de Programas.
As prácticas desenvolvéronse no módulo de Medios Tecnicos e co apoio do persoal técnico da Fundación TIC. Os alumnos coñeceron de primeira man o material e técnicas para a iluminación dun estudio de televisión. Esta e unha das moitas clases prácitcas que os alumnos da escola reciben no Centro de Producción de Programas onde a Fundación TIC dispón de dous platós de televisión con 4 sets e un centro de realización.