Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo

15/01/2013

Comeza a rodaxe do documental sobre o Clavicémbalo, un dos proxectos dos alumnos da TIC

imaxes da gravación do documental clavicembaloimaxes da gravación do documental clavicembalo

Esta semana estase a realizar a gravación do documental sobre o histórico local de música lucense Clavicémbalo, neste proxecto están involucrados alumnos dos Ciclos de Realización e Producción de Audiovisuais.

Alumnos da Escola de imaxe e Son de Lugo están toda esta semana en plena gravación para realizar un documental que conta a historia do local lucense Clavicémbalo, gravarán actuacións, ensaios no local e de diversas entrevistas a músicos relacionados co Clavi.

Este é un dos proxectos cos que os alumnos demostran os coñecementos adquiridos no ciclo e fan un producto audiovisual propio, dende a idea inicial, o guión, toda a produción necesaria e a gravación e montaxe. Neste caso optaron por un producto audiovisual de tipo reportaxe documental e relacionado coa difusión da música en Lugo.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet