Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo

30/11/2012

“Familia”, realizado por dous ex alumnos da EIS, premio Somos a Curta! 2012

imaxe do cartel da curtametraxe 'Familia'imaxe do cartel da curtametraxe 'Familia'

- Este galardón, da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, premia a mellor curtametraxe de comedia en galego realizada por alumnos con 600 e 400 euros e un diploma honorífico.
- A curtametraxe “Enfoques”, dirixida por alumnos do 1º curso de Realización e Audiovisuais, tamén quedou finalista neste premio da USC

A curtametraxe “Familia”, dirixida e realizada por dous titulados– Rafa Fidalgo e Gael Carballo - da Escola de Imaxe e Son, foi galardoada co premio Somos a Curta! que concede a Universidade de Santiago de Compostela a mellor curtametraxe de comedia en galego realizada por alumnos con 600 e 400 euros e un diploma honorífico. “Familia”, producido por “Porco Produccións” e “Hachedé Visual” e que narra a historia dunha parella de homosexuais que buscan o amor a través do cine, tamén optou ó Premio Mestre Mateo 2012.

Por outra banda a curtametraxe “Enfoques”, na que participan un grupo de 9 alumnos do 1º curso de Realización e Audiovisuais da Escola de Imaxe e Son, quedou finalista neste concurso da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. “Enfoques”, que conta a historia de dous amigos que pasan a tarde xogando a videoxogos e buscan un guión para un curto, é unha práctica de clase que se gravou e realizou nas aulas da EIS coa axuda dos profesores.


Un premio o talento do alumnado
Somos a Curta!, outorgado pola Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, premia as mellores pezas audiovisuais curtas de comedia en galego presentadas por alumnos ou grupos de alumnos das universidades galegas, das titulación impartidas nas escolas oficiais de Imaxe e Son ou do bacharelato artístico de calquera dos institutos de educación secundaria de Galicia.

“Enfoques” forma parte dos proxectos que os alumnos da EIS realizan durante o seu período de formación. Entre os que tamén destacan a participación en programas de radio, obradoiros de teatro ou visitas de destacados profesionais do sector a Escola, grazas ós convenios que a Fundación ten con más de 120 entidades.


Outros galardóns
“Enfoques” non é a única curtametraxe da TIC que resulta finalista nuns premios que valoran a aprendizaxe e o esforzo dos alumnos e escolas do audiovisual galego. En 2004, “A Soga da Soidade” fíxose co galardón o mellor curto de escolas de Galicia no Festival de Cine Internacional de Ourense. Mentres a curtametraxe “Back to de tic”, dirixida por alumnos de Realización de Audiovisuais da EIS, foi candidata ós Premios Mestre Mateo 2011 organizados pola academia Galega do Audiovisual na categoría de Ficción.


O labor sociocultural da TIC
Na actualidade, a TIC ten asinados máis de 120 convenios de colaboración con ONGs, asociacións culturais e entidades deportivas para difundir o seu labor mediante a realización de proxectos audiovisuais, Esta liña de colaboración permite que os alumnos e titulados da EIS, o único centro da provincia que imparte ensinanzas de formación profesional da familia audiovisual, leven a cabo traballos profesionais, a través dun programa de bolsas, que lles facilitan a súa posterior incorporación ó mercado laboral para o que tamén mantén contacto con máis de 70 empresas nacionais do sector multimedia.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet