Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo

26/10/2012

Ex alumnos da Escola de Imaxe e Son participan na nova curta de Amanita Films, rodada íntegramente en Sober

imaxe da curtametraxeimaxe da curtametraxe

-Forman parte da trintena de profesionais que traballan no thriller de terror Deil, novo proxecto no que está inmersa a productora do monfortino Iván Patiño, que inicia a fase de postprodución tras cinco días de intensa rodaxe na parroquia de Vilaescura, en Sober.

-Os titulados en Imaxe e Son da TIC xa participaron noutros proxectos cinematográficos realizados na provincia como a curta Triste Soledad de un violinista ou o documental Hitler, Garbo... e Araceli, así como na realización de material audiovisual para o sector empresarial

Dúas ex alumnas da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC, Lara Quiñoa e Verónica Fernández, forman parte do equipo de profesionais que traballan en Deil, a nova curtametraxe de terror no que está inmersa a productora do monfortino Iván Patiño Amanita Films. O equipo, integrado por unha trintena de profesionais de toda Galicia, Asturias e Madrid, iniciou esta semana os traballos de postproducción da cinta tras finalizar a pasada semana con éxito a súa rodaxe, que se desenvolveu entre o 15 e o 19 de outubro, e que tivo como escenario un caserío da parroquia de Vilaescura, en Sober.

Para as antigas alumnas da Escola, a única da provincia de Lugo que imparte ensinanzas no eido do audiovisual, participar neste proxecto está a ser unha experiencia moi satisfactoria da que, segundo apuntou durante a filmación Lara Quiñoa, “é un luxo compartir traballo con grandes profesionais como os que hai aquí e dos que se saca o mellor de cada un”. Pola súa banda, o productor e responsable de Amanita Films, Iván Patiño, quixo agradecer a colaboración coa que sempre conta desde a Fundación TIC, e destacou a implicación no traballo das tituladas da Escola, “porque ademáis de estar moi ben formadas demostran unas ganas infinitas de aprender e para min iso é o importante”.

O filme Deil, que dá nome ó enigmático personaxe principal, está dirixido polo cineasta asturiano David Rodríguez e supón unha aposta polo xénero de intriga da productora lucense, que espera que esta obra cale en diversos países, especialmente en Estados Unidos.

Outras destacadas participacións
Os titulados e alumnos da Fundación TIC, que depende da Deputación de Lugo, veñen participando dende hai tempo noutros destacados proxectos cinematográficos da provincia, o que contribúe á súa inserción laboral. O máis recente é a curta do director sarrián Roberto Lolo, Triste soledad de un violinista, estreada en marzo no Pazo de San Marcos. Ademáis destaca a participación de antigos estudantes no documental Hitler, Garbo... e Araceli, do director Xosé de Cora. Tamén se estimula a relación da EIS co sector empresarial mediante convenios de prácticas, bolsas e diversas colaboracións. Na actualidade, a Fundación TIC mantén relación con máis de 60 empresas nacionais e ten asinados 118 convenios de colaboración con diversas entidades de Lugo.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet