Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo

04/10/2012

A TIC tomará a praza de San Marcos durante o San Froilán con actividades para veciños e alumnos da Escola de Imaxe e Son

  • archivos/fotos/grandes/FTIC12-Película(3)Pq.jpg

    imaxe dunha das animacións

    imaxe dunha das animacións
  • archivos/fotos/grandes/IMG_0003.jpg

    Alumnos de Escola de imaxe e Son durante as actividades realizadas no San Froilán

    Alumnos de Escola de imaxe e Son durante as actividades realizadas no San Froilán
  • archivos/fotos/grandes/IMG_0015.jpg

    Alumnos de Escola de imaxe e Son durante as actividades realizadas no San Froilán

    Alumnos de Escola de imaxe e Son durante as actividades realizadas no San Froilán
  • archivos/fotos/grandes/IMG_0020.jpg

    Alumnos de Escola de imaxe e Son durante as actividades realizadas no San Froilán

    Alumnos de Escola de imaxe e Son durante as actividades realizadas no San Froilán
  • archivos/fotos/grandes/IMG_0028.jpg

    Alumnos de Escola de imaxe e Son durante as actividades realizadas no San Froilán

    Alumnos de Escola de imaxe e Son durante as actividades realizadas no San Froilán
  • archivos/fotos/grandes/IMG_0021.jpg

    Alumnos de Escola de imaxe e Son durante as actividades realizadas no San Froilán

    Alumnos de Escola de imaxe e Son durante as actividades realizadas no San Froilán
  • archivos/fotos/grandes/IMG_3818.jpg

    Alumnos de Escola de imaxe e Son durante as actividades realizadas no San Froilán

    Alumnos de Escola de imaxe e Son durante as actividades realizadas no San Froilán
  • archivos/fotos/grandes/IMG_3820.jpg

    Alumnos de Escola de imaxe e Son durante as actividades realizadas no San Froilán

    Alumnos de Escola de imaxe e Son durante as actividades realizadas no San Froilán
  • archivos/fotos/grandes/IMG_3834.jpg

    Alumnos de Escola de imaxe e Son durante as actividades realizadas no San Froilán

    Alumnos de Escola de imaxe e Son durante as actividades realizadas no San Froilán
  • archivos/fotos/grandes/IMG_3839.jpg

    Alumnos de Escola de imaxe e Son durante as actividades realizadas no San Froilán

    Alumnos de Escola de imaxe e Son durante as actividades realizadas no San Froilán







- Baixo o lema “ISF 12 Incursión San Froilán-Fundación TIC” realizaranse vídeos de animación cos veciños como protagonistas, unha adaptación do concurso “Lo sabe, no lo sabe” e clases in situ para os alumnos da Escola.

- Con esta campaña, totalmente gratuíta para os participantes, promoverase o uso das novas tecnoloxías a través dun código QR, que permitirá ós asistentes descargar ó momento os vídeos no seu móbil.

- O programa desenvolverase do 4 ó 12 de outubro, en horario de mañá e tarde os días 5, 6, 7 e 12, e só de tarde o resto das xornadas.

A Fundación TIC, entidade dependente da Deputación, tomará a praza de San Marcos durante as festas do San Froilán con diversas actividades totalmente gratuítas que se desenvolverán baixo o lema “ISF 12 Incursión San Froilán-Fundación TIC”. Esta iniciativa ten un dobre obxectivo: achegar as novas tecnoloxías ós veciños da provincia a través de propostas lúdicas e servir de práctica ós alumnos da Escola de Imaxe e Son (EIS), o único centro da provincia que imparte ensinanzas da rama audiovisual.

A campaña desenvolverase do 4 ó 12 de outubro co seguinte programa:
- Do 4 ó 12: elaboración de vídeos de animación que os participantes poderán descargar a través dun código QR.
- O 4 e o 9: adaptación do concurso de televisión “Lo sabe, no lo sabe” no que os viandantes participarán da man dos alumnos da EIS
- O 9: clases prácticas en San Marcos para os estudantes de primeiro curso.
- O 11: elaboración de noticias sobre o San Froilán a cargo dos alumnos de segundo.
Á última nas TIC de xeito divertido
Durante os nove días de “ISF 12 Incursión San Froilán”, a TIC terá instalada unha carpa na praza de San Marcos con tres cromas de animación nos que o público poderá interactuar. Os alumnos, baixo a supervisión dos técnicos e profesores da Fundación, gravarán vídeos de 20 segundos, que os participantes poderán ver ó momento nos seus móbiles grazas á tarxeta de código QR que se lles entregará á entrada e que enlazará coa web da Fundación TIC: www.fundaciontic.org

O obxectivo é promover, a través de experiencias lúdicas e divertidas, o uso desta vía de acceso ás novas tecnoloxías. O código QR é un novidoso medio que permite crear un enlace rápido co uso do móbil cara unha dirección de internet e almacenar gran cantidade de información.

Sábeo, non o sabe
Os días 4 e 9 os alumnos de segundo de Realización e Produción realizarán unha versión lucense do concurso de Cuatro “Lo sabe, no lo sabe”, no que se realizarán preguntas sobre o San Froilán. Neste programa, que se inclúe como proxecto dentro da EIS, os alumnos encargaranse da produción, realización e postprodución do programa. Haberá un presentador e un concursante que buscará polas rúas de Lugo xente que xogue con el, imitando a mecánica do programa televisivo. Desprazaranse por toda a cidade interactuando cos viandantes.

San Marcos: aula ó aire libre
O 9 de outubro a praza de San Marcos tamén se transformará nunha aula ó aire libre. A partir das 12, os alumnos de primeiro dos ciclos de Realización e Produción achegaranse a este espazo, onde os técnicos da TIC lles explicarán todo o proceso necesario para o traballo que se desenvolve durante a “incursión”, desde como se elabora un croma ou se sube o código QR á páxina web da Deputación, ata o funcionamento e os equipos que forman unha Unidade Móbil.

E o día 11, os alumnos de segundo traballarán na elaboración de dous informativos dentro das súas prácticas programadas durante o curso. Incorporarán a cada informativo unha noticia sobre o San Froilán 2012. Os estudantes encargaranse da redacción, gravación, locución e montaxe de cada peza informativa.

Horarios da Incursión San Froilán
Os días 5, 6, 7 e 12 o horario será de mañá e tarde: de 12:00 e 14:00 horas e de 17:30 a 19:30. O resto das xornadas, o “ISF 12 Incursión San Froilán-Fundación TIC” desenvolverase en horario de tarde. Unha vez finalizada a campaña, promocionaranse os vídeos do evento e colgaranse na web da TIC.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet