Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo

24/07/2012

A Fundación TIC colabora co I Festival de Jazz “Vila de Foz” para promocionar A Mariña

A Fundación TIC colabora cos organizadores do I Festival de Jazz “Vila de Foz”, que se iniciou a pasado día 20 e continuará esta fin de semana, coa actuación de trece grupos de prestixio nacional. Bolseiros e técnicos da TIC realizarán a gravación íntegra dos concertos en HD, o que permitirá a reprodución simultánea das actuacións nunha pantalla, que se instalará na praza Conde Fontao. Posterioremente, o equipo editará un DVD para divulgar o evento dentro e fóra da nosa provincia.

As sesións do I Festival de Jazz “Vila de Foz” darán comezo o venres, día 27 cos concertos dos grupos Chop Suey, Entrelíneas Jazz e Blues and Decker. O sábado, día 28, participarán, Rapaz Quintet, Cooties e Cats and Monkeys e a formación de orixe focense Ragnarock.

A TIC coa provincia

A colaboración da Fundación TIC cos organizadores do “Vila de Foz” ten como finalidade promocionar no exterior A Mariña a través do jazz, ó tempo que os estudantes e titulados da Escola de Imaxe e Son de Lugo, o único centro da provincia que imparte ciclos da familia do audiovisual, completen a súa formación práctica e tomen contaco co mundo laboral. A iniciativa forma parte do programa de prácticas reais da EIS, nas que alumnos e bolseiros dispoñen dos medios técnicos necesarios para desenvolver un traballo profesional que contribúa a súa inserción laboral.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet