Alumnos da EIS gravan en Foz o IV Campionato de Baristas de Escolas de Hostelería
A Fundación TIC colabora co instituto focense para promocionar as ensinanzas da rama de Hostalaría
Alumnos de segundo curso da Escola de Imaxe e Son de Lugo, dependente da Deputación, gravaron o IV Campionato de Baristas de Escolas de Hostalería de Galicia, Asturias, Cantabria e Portugal que se desenvolveu nas instalacións do I.E.S. focense. Isto foi posible grazas ó convenio de colaboración entre o instituto de Foz, organizador do encontro, e a Fundación TIC, que desprazou unha unidade móbil ata a localidade mariñá.
Esta colaboración ten un doble obxectivo, por unha banda, serve de práctica de realización ós alumos da EIS, de cara a súa futura inserción laboral, que é a máxima prioridade da Fundación, e, por outra, axuda á promoción das ensinanzas da rama de Hostalaría.