Un informativo coas mellores alternativas de lecer na nosa cidade: danza, deportes, exposicións e gastronomía conforman a oferta deste programa producido e realizado polo alumnado de segundo curso dos ciclos de produción e realización.
Vinte minutos de información nos que queda de manifesto o espíritu solidario dos lucenses e a súa preocupación polos temas sociais.
Programa producido e realizado polo alumnado de segundo curso dos ciclos de produción e realización.
Os nosos alumnos de 2º puxeron en práctica como se xestiona e grava un programa de improvisación de monólogos. Eles foron os encargados da produción e realización deste programa, presentado pola actriz Isabel Risco e coa participación dos monologuistas e humoristas Víctor Grande, Oswaldo Digón e Pepo Suevos.
Concurso infantil de coñecementos musicais producido e realizado polos nosos alumnos de 2º e presentado por José Areñas, locutor da cadena SER, e Manuel Pérez Fontal, alumno do IES Ánxel Fole. Como concursantes e público contamos coa colaboración dos alumnos de sexto de primaria do colexio CPR Cervantes de Lugo.
Programa cultural producido e realizado polos alumnos de 2º e presentado por Gladys Vázquez de VTelevisión. Inclúe unha entrevista a Andrés Goiteira y Laura Doval de Gaita Filmes; unha masterclass sobre emprendemento impartida por Ana López da Asociación de Empresarias de Lugo; e a actuación musical de Ana Fanego, coñecida pola súa participación el Recanteiros de Luar da TVG