Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC

29/05/2014

A Fundación TIC colabora coa Asociación Brinquedia achegando os xogos tradicionaisás novas xeracións

-Un equipo da TIC recollerá nun DVD oVIII Encontro Escolar de Xogos Tradicionais, que reunirá o sábado en Cabreiros a uns 300 escolares da provincia e de toda Galicia
-A cita estará aberta o público e contará con mais de 40 exhibicións no campo de fútbol e na Área Recreativa desta parroquia de Xermade

A Fundación TIC, organismo dependente da Deputación, gravará este sábado en Cabreiros, no Concello de Xermade, o VIII Encontro Escolar de Xogos Tradicionais que achegará a uns 300 escolares da provincia e de toda Galicia estas prácticas populares de antano, contribuíndo deste xeito a súa difusión entre as novas xeracións para que se preserven no tempo.

A colaboración da TIC é froito do convenio asinado con Brinquedia, a Rede Galega do Xogo Tradicional. Grazas a este acordo, un equipo da TIC, que contará coa participación de bolseiros da Escola de Imaxe e Son (EIS), recollerá nun DVD os máis de 40 xogos tradicionais que se exhibirán durante todo o día no campo de fútbol e na Área Recreativa da parroquia de Cabreiros. O traballo audiovisual divulgarasecomo material didáctico nos centros educativos da provincia luguesa e na web do colectivo.

A TIC coas asociacións da provincia
A TIC está a apoiar a mais de 100 asociacións e empresas tecnolóxicas a través da elaboración de produtos audiovisuais para dalas a coñecer á sociedade lucense e difundir as súas actividades. Entre as organizacións sen ánimo de lucro coas que colabora figuran ONGs, asociacións culturais, deportivas e empresas que fomentan o emprego das novas tecnoloxías na provincia. En todos os casos, participan alumnos e bolseiros da EIS co obxectivo de completar a súa formación de cara á súa futura inserción laboral, que é unha das prioridades da Fundación.

VIII Encontro Escolar de Xogos Tradicionais
OVIIIEncontro Escolar de Xogos Tradicionais, que estará aberto á participación do público, en horario de 10:30 a 17:30 horas, comezará coa chegada e recepción de participantes. Media hora mais tarde arrincará a práctica de xogos, que se desenvolverán pola mañá con obradoiros e demostracións de artesáns. Ás dúas do mediodía farase una parada para xantar e xa pola tarde continuarán o resto de actividades que inclúen exhibicións de xogos e deportes de agrupacións achegadas de toda a comunidade autónoma. Deste xeito, os asistentes poderán presenciar,por exemplo, como xogaban os nosos antepasados á billarda, os birlos, a cocha ou o arrebolamento do goxo e Piñagoxo, una das novidades deste ano. Ó final do día, a organización fará a entrega de agasallos ós alumnos e colectivos participantes.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet