km0. A Asociación FEAFES visita a Fundación TIC
Membros da Asociación FEAFES de Lugo visitaron a Fundación TIC no marco do programa km0 que pretende achegar aos cidadáns o labor da Deputación de Lugo e promover o valor turístico e cultural da provincia.
Na visita á Fundación TIC puideron comprobar como se desenvolve o traballo nunha produtora de televisión que ao mesmo tempo serve para a formación dos alumnos da Escola de Imaxe e Son de Lugo.
A Xornada iniciárona cunha visita ao pazo de San Marcos e tras a visita ao Centro de Produción de Programas da TIC desprazáronse ata Ribadeo onde xantaron e realizaron unha ruta de multiaventura