km0. Alumnos do CEIP A Pobra de Brollón visitan a Fundación TIC
Uns 55 alumnos de entre 6 e 12 anos do CEIP de Pobra de Brollón visitanron as instalacións da TIC no marco do programa da Deputación KM0, que pretende achegar aos cidadáns a riqueza turística e cultural da provincia e as instalacións da Deputación de Lugo.
No Centro de Produción de Programas da Fundación TIC os nenos e nenas puideron descubrir o mundo da televisión e todos os traballos que se están a realizar na Fundación TIC ademais de ser centro de prácticas para a formación dos alumnos da Escola de Imaxe e Son.
Despois da visita a TIc os alumnos desprazáronse ata Ribadeo para proseguir a súa visita que incluiu a Visita ao Plan de explota/marisqueira no porto deportivo de Ribadeo, unha travesía marítima pola Ría de Ribadeo desde Porcillán e a visita ao Centro histórico e ao Convento de Santa Clara (XII). Tamén puideron proboar Produtos típicos, doces e pastas.