km0. A Asociación de Veciños de Santo Estevo visita a Fundación TIC
Case 50 veciños de Sober participaron nas rutas de Km 0 que promove a Deputación de Lugo para dar a coñecer e poñer en valor o interese cultural e turístico da provincia.
Os membros da Asociación de Veciños de Santo Estevo tiveron unha xornada completa que comezou coa visita ao Pazo de San Marcos e despois trasladáronse ata o Centro de Produción de Progrmas da Fundación TIC, para coñecer como funciona unha productora de televisión e o labor desta Fundación coa formaicón na Escola de Imaxe e Son de Lugo.
Despois da visita desprazáronse a Palas de Rei para xantar en Pidre e pola tarde puideron vistiar ocastelo de Pambre, a cooperativa agrícola en Palas de Rei, San Salvador de Vilar de Donas e o conxunto monumental de Ferreira de Pallares.