Varios lucenses achéganse á Fundación TIC co programa Kilómetro 0
Grazas ao programa Kilómetro 0, promovido pola Deputaición de Lugo para que os lucenses coñezan mellor a súa provincia e os organismos dependentes da Deputación, varias decenas de lucenses se achegaron ata a Fundación TIC para coñecer o labor que se desenvolve neste centro coa escola de Imaxe e Son e o Centro de Produción de Programas.
Un grupo de lucenses que solicitaron por separado a participación dunha ruta do programa kilómetro 0 puideron coñecer de preto o pazo de San Marcos e a Fundación TIC e realizaron a Ruta de Pena Tallada.
Despois desprazáronse ata Rairos en Ribas de Sil para xantar e puideron visitar unha empresa de elaboración de embotellado de viños de denominación de orixe onde realizaron unha degustación. Tamén visitaron a igrexa de Torbeo e realizaron a pe unha treito do Camiño Sur de Santiago desde Torbeo polas Arandas de Pena Tallada ata o pobo de Cubelas e a Barca de Torbeo