Un grupo de lucenses visita á Fundación TIC co programa Kilómetro 0
Grazas ao programa Kilómetro 0, promovido pola Deputaición de Lugo para que os lucenses coñezan mellor a súa provincia e os organismos dependentes da Deputación, varias decenas de lucenses se achegaron ata a Fundación TIC para coñecer o labor que se desenvolve neste centro coa escola de Imaxe e Son e o Centro de Produción de Programas.
Un numeroso grupo de lucenses que solicitaron por separado a participación dunha ruta do programa kilómetro 0 puideron o pasado 10 de maio coñecer de preto o pazo de San Marcos e a Fundación TIC .
Despois desprazáronse ata Villaframil para realizar un voo en helicóptero pola Mariña e así poder desfrutar deste magnífico entorno natural dende o aire e despois comeron en Ribadeo e visitaro o casco histórico desta vila.