Alumnos do Colexio Vilar Ponte de Viveiro na Fundación TIC
Os alumnos do IES Vilar Ponte de Viveiro visitaron a Fundación TIC onde coñeceron a labor de formación desta fundación tanto da Escola de Imaxe e Son como na productora de programas. Os nenos e nenas pouderon descubrir como é unha televisión por dentro e os distintos traballos que se desenvolven nunha productora de televisión.
Ademáis de visitar sede da Deputación de Lugo, o Pazo de San Marcos, os alumnos puideron coñecer de preto as instalacións da Fundación TIC vendo como funciona un plató de televisión.
Despois os rapaces realizaron a ruta polo Piornedo que inclúe un xantar en Piornedo de Ancares(Cervantes), un percorrido a pé ata Piornedo e a visita ao poboado prerromano de Piornedo, ao Museo Etnográfico, e a igrexa de Donís.