km0. Os alumnos do colexio Antonio Fernández Lopez de Oural coñeceron a Fundación TIC
No marco das visitas promovidas pola Deputación de Lugo mediante o programa km0, xa na súa terceira edición, os estudantes do colexio Antonio Fernández Lopez visitaron o Centro de Produción de Programas da Fundación TIC
Alumnos do colexio Antonio Fernández Lopez de Oural (Sarria), tras visitar a Deputación, coñeceron o traballo que se realiza no Centro de Produción de Programas da TIC. Alí percorreron os dous platós e coñeceron tódolos medios técnicos cos que conta a Fundación.
Na segunda parte da viaxe xantaron en Sober e visitaron o Mirador de Pena do Castelo, a Igrexa de Proendos, o petroglifo de Xestal e por último pasearon por A Cadeiras. Todo elo está dentro do programa km0 dependente da Deputación de Lugo.